Frente Atlético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frente Atlético
TipoUltras
Deportefútbol
Data de fundación1982
PaísEspaña
Na rede
Twitter: FA82Oficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frente Atlético é un grupo ultra de seareiras e seareiros do Club Atlético de Madrid fundado con ese nome en 1982. Contaba con ao redor de 2500 membros en 2014, polo que se trata dun dos grupos ultra de fútbol máis numeroso do Estado español.[1] Ese ano o Atlético de Madrid expulsou a Frente Atlético como grupo oficial do club e prohibiu exhibir a súa simboloxía no estadio.[2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1968 naceu o grupo Fondo Sur, o seu antecesor.[4][5] Porén, Frente Atlético creouse oficialmente en 1982. Nun principio ía chamarse Brigata Rossibianca, mais o club aconsellou que adoptar un nome en español. O nome «Frente Atlético» fai referencia á organización falanxista Frente de Juventudes á que pertencían algúns dos seus membros.[6]

O club ofreceulle axuda económica e institucional para que empezase a funcionar.[7] Nos seus primeiros anos caracterizouse pola súa involucración en diversos incidentes e pelexas con outros grupos ultras.[8]

Algúns membros de Bastión (unha sección de Frente Atlético) estiveron involucrados no asasinato de Aitor Zabaleta Cortaza, seguidor da Real Sociedad, tras ser acoitelado nos arredores do estadio Vicente Calderón o 8 de decembro de 1998.[9] Ricardo Guerra Cuadrado, membro do grupo, foi condenado a 17 anos de cárcere pola morte do afeccionado donostiarra de 28 anos.[10]

Foi clasificada polos medios como unha organización de ultradereita ou dirixida por individuos afíns á ultradereita.[11][12][13] Unha enquisa revelou o predominio de preferencias políticas de dereita (15%) e ultradereita (19 %) no espectro en que se situaban os membros da organización.[14]

En 2005 a Comisión Antiviolencia propuxo varias sancións ao club por lanzamento de bengalas, botes de fume, petardos e botellas.[15] Outros motivos foron os insultos proferidos a seareiros do Futebol Clube do Porto e a exhibición dunha pancarta que «incitaba á xenofobia e ao racismo» por parte de membros de Frente Atlético.[16]

Frente Atlético estivo involucrado directamente na pelexa campal entre grupos ultras nos arredores do estadio Vicente Calderón. Esta derivou no asasinato o 30 de novembro de 2014 de Francisco Javier Romero Taboada «Jimmy», membro da sección «Los Suaves» do grupo ultra Riazor Blues, do Deportivo da Coruña. O home, vítima dunha malleira, acabou por ser guindado ao río Manzanares.[17] O 2 de decembro de 2014 o Atlético de Madrid expulsou a Frente Atlético do estadio debido ao incidente.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El mapa ultra de España". El País (en castelán) (Madrid: Grupo Prisa). 7 de decembro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  2. "El Atlético de Madrid expulsa al Frente Atlético". Club Atlético de Madrid (en castelán). 2 de decembro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  3. "El Atleti prohíbe banderas y simbología del Frente Atlético". Reuters (en castelán). 12 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2023. Consultado o 25 de julio de 2018. 
  4. Spaaij & Viñas 2005, p. 84.
  5. García, Jorge (1 de decembro de 2014). "El embrión del grupo ultra Frente Atlético apareció en 1968". Diario AS (en castelán) (Madrid: Grupo Prisa). Consultado o 10 de abril de 2023. 
  6. Adán Revilla 1998, p. 124.
  7. "De 1.981 a 1.985" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. 
  8. "De 1.985 a 1.989" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. 
  9. Durán, Luis Fernando; Torres, Diego (9 de decembro de 1998). "Un seguidor de la Real muere tras ser apuñalado junto al Vicente Calderón". El País (en castelán) (Madrid: Grupo Prisa). Consultado o 10 de abril de 2023. 
  10. "El precedente: Aitor Zabaleta fue asesinado hace 16 años". Diario AS (en castelán) (Grupo Prisa). 30 de novembro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  11. "Ultras Sur, Frente Atlético y otros 12 grupos radicales se darán cita el sábado en Alcorcón". ABC (en castelán) (Madrid: Vocento). 25 de xaneiro de 2007. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  12. "Los ultras del fútbol se hermanan para combatir a grupos rivales". Público (en castelán). 30 de novembro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  13. "Ultras del Rayo, Alcorcón y Sporting, entre los detenidos". ABC (en castelán) (Vocento). 30 de novembro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2023. 
  14. Adán Revilla 2004, p. 97.
  15. Paradinas, Juan José (17 de marzo de 2005). "La Comisión Antiviolencia propone multar al Atlético con 6.000 euros". El País (en castelán) (Madrid: Grupo Prisa). Consultado o 10 de abril de 2023. 
  16. "Comisión Antiviolencia preocupada por la relajación en seguridad". 17 de diciembre de 2009. 
  17. Jabois, Manuel (7 de decembro de 2014). "Jimmy, el viaje mortal de 'el abuelo' Blues". El Mundo (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2023. 
  18. Díaz, Francisco Javier; García, Jorge (2 de decembro de 2014). "El Atlético de Madrid da de baja al Frente Atlético como peña". AS (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]