Bengala (pirotecnia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bengalas iluminando a noite nun exercicio de adestramento militar

Unha bengala é un dispositivo pirotécnico que produce unha luz brillante ou intensa sen que haxa unha detonación. Utilízanse para sinalizar, iluminar ou como contramedidas defensivas en aplicacións civís e militares. As bengalas producen a súa luz pola combustión de material pirotécnico, ás veces baseado no magnesio, mesmo poden chegar a ser de cores pola inclusión de colorantes pirotécnicos. As bengalas de calcio utilízanse para a iluminación subacuática.