Lucas Papadimos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucas Papadimos (2011)

Lucas Demetrios Papadimos (en grego Λουκάς Παπαδήμος, pronunciado /luˈkas papaˈðimos/), nado o 11 de outubro de 1947 en Atenas, é un político, físico e economista grego. En novembro de 2011 foi elixido por consenso dos partidos para o posto de primeiro ministro do seu país.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papadimos licenciouse en Física en 1970 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde posteriormente conseguiu un mestrado en enxeñaría eléctrica en 1972 e o doutorado en economía en 1978. Posteriormente incoporouse como docente na Universidade de Columbia, ao tempo que traballaba como economista para a Reserva Federal de Boston. En 1985 regresa ao seu país natal e comeza a traballar en 1985 como director económico do Banco de Grecia. En 1993 convértese no vicegobernador e un ano despois, en 1994 no gobernador do banco estatal grego.

O seu labor como economista complementouno como catedrático da Universidade de Atenas. En 2002 deixa o seu posto como gobernador do banco central heleno e accede á vicepresidencia do Banco Central Europeo, onde permanece ata 2010. Tamén foi membro da Comisión Trilateral desde 1998.

O 10 de novembro de 2011 foi elixido por consenso dos principais partidos para o posto de primeiro ministro do seu país, logo da dimisión de Georgios Papandreu, no contexto dunha severa crise económica e política.[2] O goberno de Papadimos incluíu trece ministros do ata daquela gobernante PASOK, entre eles o ministro de Economía Evangelos Venizelos, dous ministros da conservadora Nova Democracia, entre eles Stavros Dimas na responsabilidade de ministro de Exteriores, e un da tamén conservadora e nacionalista LAOS, nunha carteira menor. O encargo do seu goberno é dirixir o país ata as eleccións lexislativas convocadas para febreiro de 2012.

Predecesor:
Georgios Papandreu
Primeiro Ministro de Grecia
2011 -

Coat of arms of Greece.svg

Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucas Papadimos