Folosa palustre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa palustre
Acrocephalus palustris (Marek Szczepanek).jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Acrocephalus
Nome científico
Acrocephalus palustris
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A folosa palustre (Acrocephalus palustris) é unha folosa migratoria do que cría en Europa e Asia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son paxaros duns 13 cm. de lonxitude, con entre 17 e 21 cm. de envergadura de alas e que pesan de 11 a 14 gramos. A parte superior do corpo e castaña agrisada e a inferior branca amarelada. Teñen a gorxa branca e o bico afiado. Visualmente son difíciles de distinguir da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), do que se diferencia polo lombo máis gris, a fronte menos patela e o bico menos forte. Como é típico nas folosas, a plumaxe de machos e femias é semellante. Poden acadar os nove anos de idade. Son aves que se moven entre a vexetación mesta. O seu canto, rápido e alto está composto case exclusivamente de imitacións dos cantos doutras aves, puntuadas cos chíos e asubíos propios das folosas do xénero Acrocephalus. No canto desta especie foron identificados os sons de diferentes especies de paxaros africanos e europeos.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Viven entre vexetación mesta e máis axiña alta coma canavais, mato e campos de cultivo , preto de zonas acuáticas e ríos. Crían nas zonas temperadas de Europa e no oeste de Asia e pasan o inverno no sueste de África. Na Península Ibérica non crían. No centro e leste de Europa permanecen entre maio e setembro.

Alimentación e reprodución[editar | editar a fonte]

Son aves insectívoras que ademais de insectos e as súas larvas, arañas e pequenos moluscos consumen ocasionalmente bagas.

Maduran sexualmente cando pasan o ano de vida.Á época reprodutora vai principalmente de maio a xullo. Fan un niño de herbas e xungos que sitúan moitas veces entre os talos de ortigas ou plantas agrícolas. Poñen entre 3 e 5 ovos brancos azulados que chocan alternativamente os dous membros da parella entre 12 e 14 días. Os polos son capaces de voar con entre 10 e 14 días de vida.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leisler, B. & Wink, Michael (2000): Frequencies of multiple paternity in three Acrocephalus species (Aves: Sylviidae) with different mating systems (A. palustris, A. arundinaceus, A. paludicola). Ethology, Ecology & Evolution 12: 237-249. PDF texto completo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]