Folosa das canaveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa das canaveiras
Acrocephalus scirpaceus Vlaskop cropped.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: 'Acrocephalus'
Especie: ''A. scirpaceus''
Nome binomial
''Acrocephalus scirpaceus''
(Hermann, 1804)

A folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero das folosas ou acrocefálidos (Acrocephalus).

Descrición[editar | editar a fonte]

Son folosas de tamaño mediano. Miden de 12,5 a 14 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas que vai dos 17 os 21 cm. Pesan entre 10 e 15 gramos. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e a inferior branca amarelada. A testa é cha e o bico forte e aguzado. As aves dos dous sexos son semellantes. Poden vivir ata 12 anos e acadan velocidades de voo de 10 metros por segundo.

O seu canto é lento e pouco destacable, formado por estrofas curtas ás que se xuntan os típicos asubíos e a capacidade para imitar a outras aves dos acrocefálidos.

Distribución xeográfica e hábitat[editar | editar a fonte]

Crían en Europa e nas zonas temperadas do oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno na África sub-sahariana. Nas partes centrais de Europa están presentes entre abril e outubro. As datas e a dirección das migracións, que os levan a viaxaren distancias de ata 6000 km., están xeneticamente marcadas.

Viven entre os xuncos e o carrizal mesto e entre a vexetación das beiras de ríos, lagos, estanques e pantanos.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse agatuñando e choutando entre as plants mestas. As súas presas principais son arañas, insectos e larvas, pequenos moluscos e invertebrados en xeral.

Polo de cuco no niño dunha folosa das canaveiras.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Acrocephalus arundinaceus

Maduran cando teñen un ano. A época de reprodución concéntrase entre maio e xullo. Tecen un niño de herbas e carrizos que sitúan protexido nos canavais, pendurado sobre a auga entre entre os talos de tres ou catro carrizos ou xuncos. Poñen de 3 a 4 ovos, que os dous pais se roldan para chocar entre 11 e 14 días. Os polos pasan de 10 a 14 días no niño. Crían dúas ou tres niñadas por ano. Os seus niños son parasitados habitualmente polos cucos, que poñen ovos de cores semellantes.

Situación[editar | editar a fonte]

As estimacións para Europa calculan a súa poboación nuns 3 millóns de parellas reprodutoras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folosa das canaveiras Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]