Fascia clavipectoral
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fascia clavipectoral | |
|---|---|
| Músculos da parede torácica coa fascia | |
| Latín | fascia clavipectoralis |
| Gray's | asunto #122 437 |
A fascia clavipectoral é unha fascia do membro superior humano pertencente á rexión axilar. É unha lamina grosa de tecido conxuntivo que une a clavícula co chan da axila. Envolve os músculo subclavio e pectoral menor e se estende polo espazo entre ambos músculos. As estruturas que discorren entre axila e a súa parede anterior furan a fascia. Nesta área hai unha importante relación coa vea cefálica, a arteria toracoacromial e o nervio pectoral lateral. A arteria torácica lateral fura a fascia para abandonar a axila e pasa por debaixo do músculo pectoral menor.
O nervio pectoral medial abandona a axila furando o músculo pectoral menor e despois inerva o músculo pectoral maior.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray, Anatomía para Estudiantes ISBN 9788481748321 (en castelán)