Arteria toracoacromial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Arteria toracoacromial | |
|---|---|
| Arterias ao redor da cintura escapular. | |
| Gray's | asunto #149 588 |
A arteria toracoacromial é unha arteria do membro superior humano pertencente á axila. É unha póla colateral da arteria axilar, que sae xusto por detrás do bordo medial do músculo pectoral menor. Rodea pola parte superior a este músculo e fura a fascia clavipectoral. Despois de furala divídese en catro pólas: pectoral, deltoidea, clavicular e acromial, que abastecen de sangue a parte anterior da axila e as rexións cercanas.
A póla pectoral contribúe á irrigación da mama, e a póla deltoidea pasa polo triángulo clavipectoral, onde acompaña á vea cefálica e abastece ás rexións adxacentes.
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.