Arteria torácica lateral
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A arteria torácica lateral é unha arteria do membro superior humano, pertencente á rexión da axila. É unha póla colateral da arteria axilar, saíndo pola parte inferior do músculo pectoral menor. Segue o bordo do músculo pola parede torácica, abastecendo a parte anterior e medial da axila. Emite pequenas pólas preto do músculo pectoral maior e colabora na irrigación da mama.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)