F. Scott Fitzgerald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fitzgerald en 1937.

Francis Scott Key Fitzgerald, nado en Saint Paul (Minnesota) o 24 de setembro de 1896 e finado en Hollywood (California) o 21 de decembro de 1940, foi un novelista estadounidense da época do primeiro jazz. A súa obra é o reflexo dos problemas da mocidade do seu país nos anos que seguiron á Primeira Guerra Mundial. É especialmente coñecido pola obra The Great Gatsby, traducia ao galego como O Gran Gatsby.[1]

Notas [editar]

  1. Ficha do libro, publicado por Ir Indo.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]