Félix Candela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restaurante do Oceanográfic de Valencia, España. Obra de Félix Candela.

Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e falecido en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.

Índice

Traxectoria [editar]

En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]

Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Gracias a súa tese doctoral recibiu una beca da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.

En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu una cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando una cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.

Obras destacadas [editar]

Obra escrita [editar]

  • En defensa del formalismo y otros escritos, Xarait Ediciones, 1985, 172 páxinas, ISBN 84-85434-29-3

Premios [editar]

Notas [editar]

  1. Biografía e obras en.stucturae.de

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Ligazóns externas [editar]