Eulalia Galvarriato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEulalia Galvarriato
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJulio Cejador Frauca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDámaso Alonso
IrmánsMaría Galvarriato García (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Eulalia Galvarriato García, nada en Madrid o 12 de febreiro de 1904 e finada na mesma cidade o 15 de novembro de 1997, foi unha escritora e tradutora española. Finalista do Premio Nadal en 1946 pola súa novela Cinco sombras, en 1954 obtivo o premio de Adaptacións Cinematográficas pola adaptación ao cinema da súa novela curta Raíces bajo el agua.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Juan Antonio Galvarriato del Rivero, foi avogado e economista. A súa nai, Rosalía García, unha muller de inquietudes culturais, frecuentou o faladoiro de Benito Pérez Galdós. Tivo cinco irmás e dous irmáns

A profesión do pai permitiulle á familia gozar dunha boa posición económica, sen grandes dispendios, e pasar os veráns no campo, en Cabezón de la Sal (Cantabria).

En 1922 Eulalia Galvarriato matriculouse na Universidade de Madrid, en Filosofía e Letras. Foi alumna do filólogo e bibliógrafo Julio Cejador y Frauca. Obtivo a licenciatura en 1927 e ese mesmo ano comezou a traballar no Centro de Estudos Históricos. No verán de 1928 dito Centro organizou un curso de español para estranxeiros que se impartiu na Residencia de Estudiantes, con Eulalia como unha das profesoras. Ese verán coñeceu a Dámaso Alonso, con quen casou en marzo de 1929 nunha voda case estritamente familiar. Porén, asistiron tamén algúns amigos poetas como Vicente Aleixandre e Pedro Salinas.

O curso 1929-1930 acompañou ao seu marido en Nova York, onde estreitaron a amizade con Federico García Lorca. Á súa volta o matrimonio estabeleceu a súa residencia en Madrid, nun chalé de Chamartín na avenida Alberto Alcocer. Cando estalou a Guerra Civil trasladáronse a Valencia e durante ese período Eulalia traballou dando clases de inglés.

Tras a guerra regresaron a Madrid e comezou a carreira literaria de Eulalia. Fixo traducións, escribiu contos e colaborou estreitamente co seu marido en traballos e investigacións. En 1946 foi finalista do Premio Nadal coa súa novela Cinco sombras, que se publicou o ano seguinte,

Pronunciou seis conferencias sobre a obra de Lope de Vega das que só está publicada: «A muller na obra de Lope de Vega», pronunciada no Instituto Lope de Vega. En 1953 publicou a novela curta Raíces bajo el agua. Adaptouna para un guión cinematográfico que obtivo en 1954 o Premio de Adaptacións Cinematográficas. Seguiu a escribir contos e outras prosas breves recollidas no volume Raíces bajo el tiempo, publicado en 1985.

Morreu con 93 anos o 15 de novembro de 1997.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ensayos (trad. de Robert Louis Stevenson, 1943)
  • Cinco sombras (novela, 1947), finalista do premio Nadal
  • Raíces bajo el agua (novela curta, 1953)
  • Oración por la fe (edición de Ángel Caffarena, 1981)
  • Raíces bajo el tiempo (prosas, relatos, 1985)
  • Retablillo de Navidad y otros poemas (2004)
  • Contos: «Tres ventanas», «Los hijos», «Sólo un día cualquiera», «Final de jornada»...
  • Outros escritos: Dos niños de América (recuerdos de viaje), San Juan de la Cruz (comentarios en prosa aos seus poemas maiores)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eulalia Galvarriato, viuda de Dámaso Alonso". El País (en castelán). 17 de novembro de 1997. Consultado o 5 de xuño de 2023.