Pedro Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Salinas y Serrano (Madrid 1891 - Boston 1951) foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Doutor en dereito e en letras, entre 1914 e 1917 foi lector de castelán na Sorbona, ao regresar a España ensina nas universidades de Sevilla, Murcia. En 1922 marcha para dar clases en Oxford e dende 1923 estará en Estados Unidos, volverá en 1926 e colabora co Centro de Estudos Históricos que fundara Ramón Menéndez Pidal, en 1932 edita a revista literaria Índice Literario e en 1933 funda a Universidade Internacional de Santander, trala guerra civil española ten que se exiliar e traballa en numerosas universidades dos Estados Unidos e Porto Rico.
A obra poética de Salinas adoita dividirse en tres etapas. a inicial, a da plenitude e a do exilio: A etapa inicial (1923-1932) está marcada pola influencia da poesía pura de Juan Ramón Jiménez e caracterízase pola idea de depuración e perfección poética e o protagonismo dos temas amorosos. Entre as obras desta etapa destacan Presagios (1923), Seguro azar (1929) e Fábula y signo (1931).
A etapa de plenitude abrangue ata 1939 e fórmana a trloxía amorosa La voz a ti debida (1933), Razón de amor (1936) e Largo lamento (1939)´. A etapa do exilio está formada por El contemplado (1946), extenso poema no que dialogo co mar de San Juan de Puerto Rico; Todo más claro y otros poemas (1949) e a obra póstuma Confianza (1955), afirmación gozosa da realidade vivida.
Entre a súa obra narrativa destaca La bomba increible (1950), novela sobre os horrores da bomba atómica, e El desnudo impecable y otras narraciones (1951).