Estratopausa
A capa gasosa que rodea ao planeta Terra divídese teoricamente en varias capas concéntricas sucesivas: troposfera, tropopausa, estratosfera, estratopausa, mesosfera e termosfera.
A estratopausa é a capa de transición que está situada entre a mesosfera e estratosfera. A maior parte do ozono da atmosfera sitúase en torno aos 22 quilómetros por riba da superficie da Terra, na rexión próxima á estratopausa, na parte superior da estratosfera.
A estratosfera ten como límite superior a estratopausa, onde está o punto de inflexión da temperatura, a súa temperatura mantense ó redor de 0 °C case constantemente.
A 30 quilómetros dentro da estratosfera, está a capa de ozono da cal depende a vida na Terra; máis enrriba está a rexión quente que termina na estratopausa a uns 50 km de altitude. Os movementos do aire nesta rexión son case na súa totalidade horizontais, obedecendo aos ventos da estratosfera.
| Termosfera |
| Mesopausa |
| Mesosfera |
| Estratopausa |
| Estratosfera |
| Tropopausa |
| Troposfera |
| Ver tamén: Ionosfera, Exosfera, Cinto de Van Allen, |
| Capa de ozono, Magnetosfera. |