Mesopausa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Termosfera |
| Mesopausa |
| Mesosfera |
| Estratopausa |
| Estratosfera |
| Tropopausa |
| Troposfera |
| Ver tamén: Ionosfera, Exosfera, Cinto de Van Allen, |
| Capa de ozono, Magnetosfera. |
A mesopausa é a rexión da atmosfera que determina o límite entre unha atmosfera con masa molecular constante doutra onde predomina a difusión molecular.
Sitúase aproximadamente a 90 km de altitude, sendo a rexión onde existe a temperatura máis baixa da atmosfera, aproximadamente de -80 ºC.
Na mesopausa teñen lugar as reaccións de quimioluminiscencia e aeroluminiscencia.