Estevo Uroš V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santo Estevo Uroš V o Débil
Свети Стефан Урош V Нејаки
Sveti Stefan Uroš V "Nejaki"
Rei de Serbia,

Emperador dos Serbios e os Gregos''

UrosV.jpg
Reinado Rei 1346–1355
Emperador (Tsar) 1355–1371
Nome completo Estevo Uroš V
Nacemento ca. 1336
Falecemento 4 de decembro de 1371
Predecesor Estevo Dušan o Poderoso
Sucesor Abolición do Imperio
Casa Real Casa de Nemanjić
Pai Estevo Uroš IV Dušan
Nai Helena de Bulgaria

Santo Estevo Uroš V o Débil (en serbio cirílico Свети Стефан Урош V Нејаки, en serbio latino Sveti Stefan Uroš V "Nejaki"), nado contra 1336 e falecido entre o 2 e o 4 de decembro de 1371, foi rei Serbia (1346–1355), co-rexente co seu pai Estevo Uroš IV Dušan o Poderoso, e despois emperador (tsar) (1355–1371).

Biografía[editar | editar a fonte]

Estevo Uroš V foi o único fillo de Estevo Uroš IV Dušan con Helena de Bulgaria, a irmá de Iván Alexadre de Bulgaria. Foi coroado como rei (segundo título máis alto), en calidade de co-gobernante, despois de que Dušan se coroase emperador en 1346. Aínda que no momento da sucesión como único gobernante e emperador en 1355 Stefan Uroš V xa non era menor de idade, permaneceu moi dependente da súa nai e de varios membros da Corte.[1]

Uroš V, mozo. Fresco no Mosteiro Visoki Dečani.

O termo débil podería tamén aplicarse á situación do Imperio, xa que pouco a puoco caeu na anarquía feudal. A combinación de conquistas súbitas, o caos da administración, e a falta de consolidación levou á fragmentación do Imperio.

Foi un período marcado polo xurdimento dunha nova ameaza: o Sultanato otomán, que pouco a pouco se foi estendendo desde Asia (Anatolia) a Europa, coa conquista de Bizancio primeiro, e despois dos demais estados dos Balcáns.[2]

Demasiado incompetente para soster o gran Imperio creado polo seu pai, Uroš non soubo repeler os ataques de inimigos estranxeiros, nin combater a independencia da súa nobreza. Así, o imperio serbio de Estavo Uroš fragmentouse nunha serie de pequenos principados feudais, perpetuamente enfrontados, algúns dos cales nin sequera recoñeceron nominalmente o seu goberno.

O primeiro reto para Estevo Uroš plantexono o seu tío, Simeon Uroš Paleólogo, que intentou apoderarse do trono en 1356. Derrotado, Simeon Uroš retirouse a Tesalia e ao Despotado de Epiro, onde continuou gobernando co título de "Emperador dos romanos e os serbios". Simeon efectivamente se apoderara de moitas das conquistas de Dušan na zona baixo control do seu fillo.

A posición de Stefan Uroš non foi axudada pola súa nai Helena, que comenzou a gobernar autonomamente desde Serres, en alianza con Jovan Uglés. Unha postura igualmente autónoma asumiuna polos Dejanović, os Balšić (Balsas), Nikola Altomanović e Ugleša irmán de Vukasin Mrnjavčević. En 1365 este último estaba asociado ao trono como rei por Estevo Uroš. Ao final do seu reinado as terras baixo o control directo de Estevo Uroš limitánbanse ao espazo entre as Montañas Šar Mountain e o Danubio.

Escudo de Armas das Terras Serbias durante Estevo Uroš V.

Estevo Uroš V morreu sen fillos en decembro de 1371, despois de que gran parte da nobreza serbia fora destruída polos turcos na batalla de Maritza a principios do ano.[1] Os pequenos estados feudais foron incapaces de conter a invasión dos turcos otománs. Finalmente, na batalla de Kosovo Polje, o 15 de xuño de 1389, os otománs de Murad I venceron ás tropas serbias e búlgaras mandadas por Lázaro Hrebeljanović e Esteban de Bosnia.

Este último asumiu os títulos imperiais e reais (asociado coa casa de Nemanjić) e, en 1377, foi aceptado como rei Tvrtko I de Bosnia (neto por parte de nai de Estevo Dragutin) como rei titular de Serbia. A Serbia propiamente dita fíxose un vasalo dos otománs en 1390, pero gobernada pola casa de Lazarević e despois polos seus sucesores, os Branković, até a caída de Smederevo en 1459.

Despois das grandes conquistas do seu pai, o emperador Uroš converteuse en vítima dos novos nobres nunha Serbia enriquecida pola historia e os pillaxes da recente guerra. O mantemento da orde e o o aparato do Estado era imposíbel debido a unha infraestrutura débil ou inexistente entre os antigos e os novos territorios.

Terminou así a independencia de Serbia, que pasou a formar parte do Imperio Otomán até finais do século XVIII.

A modestia excepcional e a tolerancia deste gobernante foi a principal razón pola que lle chamaron "o Débil", e tamén a razón pola que foi canonizado, pola Igrexa Ortodoxa serbia, 211 anos despois da súa morte. Os seus restos permanecen no Mosteiro de Jazak, na montaña Fruška Gora.[1]

Legado[editar | editar a fonte]

Hoxe, Esteban Uroš V vese principalmente en contraste co seu pai, capaz e de carácter forte, como un gobernante pusilánime e indeciso que non puido manter á nobreza serbia baixo o seu control, e cuxa personalidade contribuiu en gran medida á caída do Imperio e á destrución do Estado serbio polos otománs.

Pero no folclore serbio, en poemas épicos, descríbeno como un gobernante xusto, ben intencionado de aspecto agradábel pero de carácter débil. Mentres este punto de vista é moi popular entre algúns historiadores, outros argumentan que non foi especialmente incompetente no seu papel como emperador de Serbia, e que o declive do Imperio foi moito menos espectacular e comenzou moito máis tarde do que suxiere a opinión popular.

Durante moito tempo considerouse un feito histórico que foi asasinado polo swu co-gobernante, Vukasin Mrnjavčević, pero finalmente probouse que Vukasin morrera antes que o emperador.

En 1825, Stefan Stefanović, un escritor serbio no Imperio austríaco, escribiu unha obra tráxica chamada A morte de Uroš V, que se inspirou en feitos e tradicións populares sobre Uroš, incluíndo a crenza antes mencionada, de que foi asasinado polo rei Vukašin.

Predecesor:
Estevo Uroš IV Dušan
Rei de Serbia
1346 - 1355
Sucesor:
Vukašin Mrnjavčević
Predecesor:
Estevo Uroš IV Dušan
Emperador dos Serbios e os Gregos
1355 - 1371
Sucesor:
Lázaro Hrebeljanović
Knez (Príncipe) de Serbia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxae tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fine, John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. ISBN 978-0472082605 [1]
  • Hupchick, Dennis P. (1995): Conflict and chaos in Eastern Europe. Palgrave Macmillan. ISBN9780312121167 [2]
  • Kazhdan, Alexander (ed.) (1991): Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6
  • Nicol, Donald MacGillivray (1993): The Last Centuries of Byzantium, 1261–1453. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43991-4 [3]
  • Sedlar, Jean W. (1994): East Central Europe in the Middle Ages, 1000–1500 Volume III. Seattle: University of Washington Press. ISBN 0-295-97290-4 [4]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Estevo Uroš V en Find a Grave (en inglés)