Serbia do Morava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović.

O Principado de Serbia coñecido como Serbia do Morava (en serbio latino Moravská Srbija, en serbio cirílico Моравска Србија), debido á súa vinculación co río Morava, foi o máis importante dos Estados de Serbia que xurdiron da caída do Imperio serbio en 1371.

A creación deste estado foi obra do príncipe (knez) Lazar Hrebeljanović, que loitou e morreu na batalla de Kosovo Polje (1389),[1] polo que tamén se coñece como o Reino do Knez Lazar.

Historia[editar | editar a fonte]

Consolidación[editar | editar a fonte]

Lazar deixou Prizren a principios dos anos 1370, e dedicouse á consolidación do seu poder nas rexións do norte de Serbia en torno da súa corte en Kruševac. Aínda que se comprometeu como vasalo de Stefan Uroš V de Serbia, en 1371 negouse a participar na Batalla de Maritza, na que a maior parte do exército imperial serbio foi destruído por unha forza do Imperio otomán.[2] Pouco despois, Stefan Uroš V morreu. Foi o último dos monarcas da dinastía Nemanjić.

En rosa, a Serbia do Knez Lazar, sucada polo Morava.

A través dunha combinación de diplomacia, acción militar, alianzas e sa familia, Lazar apareceu como o máis poderroso nobtre serbio que non estaba ao servizo dos otománs, e aproveitou o baleiro de poder producido pola morte de Uroš V.

Adquiriu certa lexitimidade dinástica casdo con Milica Nemanjić e, a pesar de que conservou o título de Knez menor, utilizou o nombre imperial "Stefan", así como o uso da autocracia.

Lazar dedicouse a fortalecer o Estado serbio, sabendo que finalmente tenía que enfrontarse á ameaza otomá. Durante o seu goberno unificou gran parte de Serbia e conseguiu a lealdader da maioría dos serbios. En 1377 permitiu ostentar o título de "Rey dos serbios" o rei Tvrtko I de Bosnia, que tiña máis vínculos cos Nemanjic que Lazar.

No ano seguinte, Lazar foi coroado como "Señor dos serbios e do Danubio, Stefan Príncipe Lazar, autócrata de todos os serbios". Súa primeira acción militar importante despois disto foi a Batalla de Dubravnica, onde as sús tropas lograron unna decisiva vitoria sobre un exército otomán no sur de Serbia.

Non houbo novas hostilidades até a Batalla de Pločnik (1386), onde o Knez Lazar conseguiu esmagar a un exército otomán e obligalo a repregarse a Niš.[3]

As tropas serbias de lazar tamén participaron na Batalla de Bileca (1388) onde lograron outra vitoria sobre os turcos.

Desaparición[editar | editar a fonte]

Lazar morreu, como quedou dito, durante a decisiva Batalla de Kosovo de 1389 xunto con gran parte da élite política de Serbia. Despois da súa morte, o seu fillo Estrevo Lazarević converteuse en príncipe de Serbia.

Inmediatamente despois da batalla de Kosovo, o rei Sexismundo I de Hungría (e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico) atacou Serbia desde o norte, devastando o país. Non pudendo combeter en dúas frontes, o príncipoe Estevo, frustrado polos húngaros, aceptou a vasalaxe otomá,[4] participando, nesta calidade de vasalo na batalla de Karanovasa en 1394, na de Roivine en 1395, na de Nicóplis en 1396 e na Angora en 1402.

Converteuse en déspota de Serbia en 1402 e o no seguinte proclamou a Belgrado como capital do seu novo Estado, coñeido como o Despotado de Serbia e que puxo o punto final ao período da Serbia do Morava.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Véaxse tamién[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopedia Britannica. Battle of Kosovo.
  2. John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman . University of Michigan. ISBN 0-472-08260-4, páz. 379
  3. Evans, Arthur. Through Bosnia and the Herzegóvina on Foot During the Insurrection, (Longmans, Green and Co, 1877), lxiv.
  4. Blago Fund. Stefan Lazarevic, Prince (1389 - 1402).