Estadio Internacional de Iocoama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°30′36″N 139°36′22″L / 35.510044, 139.606247

Estadio Internacional de Iocoama
Vista do Estadio Internacional de Iocoama.

O International Yokohama Stadium (chamado Nissan Stadium por razóns de publicidade) é un recinto deportivo da cidade de Iocoama, no Xapón, adicado principalmente á práctica do fútbol. O equipo que xoga os seus encontros como local neste estadio é o Yokohama F. Marinos, que compite na J. League, a primeira división do campionato nacional de liga no país nipón.

Cunha capacidade para acoller a 72.327 persoas sentadas, este estadio é o máis grande do país.

Eventos[editar | editar a fonte]

Construído polo propio goberno da cidade, o estadio foi inaugurado o 1 de marzo de 1998. No Mundial de Fútbol Corea-Xapón 2002, este estadio foi escollido para acoller 3 encontros da fase de grupos, e tamén a final, na que se enfrontaron o Brasil e Alemaña, encontro que rematou coa vitoria dos brasileiros por 2 goles a 0.

O 3 de decembro de 2002 este estadio acolleu por primeira vez o encontro da Copa Intercontinental, que dende 1980 se viña disputando no Estadio Nacional de Toquio. O torneo que coroa ó mellor club do mundo, organizado pola FIFA, xogouse dende entón no Estadio Internacional de Iocoama nos anos 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2011. En 2012 acollerá por última vez este torneo.

O estadio foi escollido para que sexa unha das 10 sedes que acollerán a Copa do Mundo de Rugby 2019, que organizará Xapón coa colaboración de Singapur e da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]