Estadio El Madrigal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Madrigal
Datos
Localización Vila-real, Castelló, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 17 de xuño de 1923
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 25.000
Propietario Concello de Vila-real
Localía Villarreal CF

O Estadio El Madrigal é o estadio do Villarreal Club de Fútbol, situado na cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. É de propiedade municipal e actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores, tras a construción dun novo anfiteatro para a afección visitante para a disputa da Liga de Campións da UEFA, xa que antes era de 22.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Placa no estadio

O día 17 de xuño de 1923 inaugurouse El Madrigal baixo o nome de Campo do Vilarreal. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, por estar situado o campo na partida do termo municipal do mesmo nome. O estadio foi desde a súa inauguración o campo onde disputou os seus partidos como local o Villarreal CF, que foi fundado o mesmo ano. O partido inaugural foi un choque entre dous equipos da cidade veciña e capital da provincia, Castelló de la Plana, o CD Castellón e o Cervantes. Co alcume de Feudo Amarelo, está localizado en Praza Labrador, a 5 quilómetros do Mar Mediterráneo, e con altitude de 50 metros sobre o nivel do mar.

A primeira remodelación levouse a cabo no verán de 1952. O tamaño da área de pasto foi agrandada desde 95 x 65 m a 105 x 65 m, igualando o tamaño do Estadio Olímpico de Helsinki onde se xogaron os Xogos Olímpicos de 1952. O tamaño era algo que todos emulaban neses anos.

Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971-72 as graderías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova que se abriu ao público o 8 de marzo de 1989, cun partido amigable fronte ao Atlético de Madrid.

Para o aniversario número 75 do estadio, o club comezou novas renovacións. As graderías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.

O estadio foi iluminado para partidos nocturnos o 16 de setembro de 1973, para o partido de Terceira División entre o Villarreal CF e o SE Eivissa. A cidade enteira achegou coa construción das torres de iluminación, localizadas nas catro esquinas do estadio.

Os vestiarios foron cambiados de lugar varias veces. Ata os anos 1935-36 estaban na parte sueste do estadio, despois no nordés ata o ano 1989, nese ano foron situados na parte suroeste do estadio. Logo das últimas modificacións ao estadio, agora os vestiarios están por baixo da galería principal.

A Liga de Campións[editar | editar a fonte]

Para ser aprobado pola Liga de Campións, os estadios teñen que posuír unha serie de requisitos, por iso o estadio tivo que ser rapidamente renovado no 2005 para cumprir esas regulacións. Os asentos foron cubertos con placas amarelas, para mellorar a estética, e para beneficiar a industria de placas da cidade. Os vestiarios foron renovados, creando unha oficina para o adestrador, sala de fisioterapia, e un área de baños e duchas. Tamén foron creadas unhas oficinas para os delegados da UEFA, unha sala de loita contra a dopaxe, e a sala para conferencias de prensa foi expandida.

A separación do pasto coas galerías foi expandido por 1 metro, e a entrada a vestidores foi reconstruída. Dous Restaurantes foron creados dentro do estadio, e o sistema de publicidade foi computarizado.

Els Casals Grocs[editar | editar a fonte]

El Madrigal prové toda clase de comodidades para que os seus seguidores vexan os partidos do Villarreal CF. Para iso, existen 30 Casals Grocs, casetas VIP con aire acondicionado, televisión con diferentes transmisións do xogo (para aqueles que non poden ver o xogo sen repeticións), servizo de comida, asentos individuais e acceso independente aos asentos de pártea sur da galeria por medio de 3 elevadores para facilmente alcanzar o edificio de estacionamento. Do as 30 casetas, cinco acomodan 20 persoas, vinte e tres a 16 persoas, e as últimas dúas a 12 seguidores.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]