Agustín Pérez Bellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de novembro de 2013 ás 23:16 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Pintor | bgcolour = | nome = Agustín Pérez Bellas | imaxe = | tamañoimaxe = | pedefoto = | nomenacemento = | datanacemento = 1925 | luga...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Pintor Agustín Pérez Bellas, nado en 1925 en Vigo e finado en 1982 foi un arquitecto, debuxante, pintor e escritor galego.

Traxectoria

Graduouse en Arquitectura en Madrid no ano 1954 e en 1955 fixo a primeira mostra de debuxos na súa cidade. Logo o faría en Madrid, Milán, Santiago de Compostela, Barcelona, Moscova, Lisboa, París, Roma e Suramérica.

Casou en 1959 coa pintora Mercedes Ruibal Argibay e foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís e Laxeiro. Ocasionalmente fixo crítica de arte en La Voz de Galicia.

As súa ideoloxía de esquerdas produciulle algúns problemas no franquismo.[1]

Hai exposta obra súa no Museo Quiñones de León e no Museo de Belas Artes da Coruña[2] e o seu concello adicoulle o nome dunha rúa.[3]

Postumamente, en 1996, Edicións do Castro publicoulle Mi silueta felina libro de poemas e relatos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas