Ernst Röhm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ernst Julius Röhm (Munich, Alemaña, 28 de novembro de 1887 - † Munich, Alemaña, 2 de xullo de 1934). Militar alemán. Foi comandante e cofundador das SA (1931) e ministro sen carteira de Hitler (1933).
[editar] Biografía
Röhm foi un dos tres fillos de Julius Röhm e a súa esposa Emilie. Nacido en Munich, Röhm servíu como oficial co exército Bávaro durante a Primeira Guerra Mundial. Röhm acadou o rango de Oberleutnant co 13 Rexemento de Infantería Bavaro, e foi gravemente ferido na cara en setembro de 1914 en Lorraine, Francia. Posteriormente foi ascendido a Hauptmann.
Despois do fin da guerra en 1918 el uníuse ao Freikorps, unha das moitas milicias privadas que se formaron en Munich para combater a insurrección comunista. En 1920 el converteuse en membro do Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns e axudou a organizar a Sturmabteilung (SA). En 1923, despois do fallido Putsch de Munich, Röhm pasou quince meses no cárcere, durante os cales estreitou os seus lazos de amizade con Adolf Hitler.
Röhm foi liberado en 1924 e traballou con Hitler na reconstrución do Partido Nazi, pero profundas diferencias de personalidade entre ámbolos dous fan que se manteña aparte da maquinaria nazi, aínda que continuou ao mando das SA. En abril de 1924 axudou a crear a Frontbann, como alternativa legal ás SA. Traballou no Reichstag como parte do renomeado Nationalsozialistische Freiheitspartei antes de dimitir en 1925. Trala súa dimisión marchou a Bolivia para traballar como asesor militar.

