Erasístrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErasístrato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento310 a. C. ↔ 300 a. C. Editar o valor em Wikidata
Iulis, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte249 a. C. Editar o valor em Wikidata (46/56 anos)
Samos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIulis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , anatomista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCrisipo de Cnido e Metrodorus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosApollophanes of Seleucia (en) Traducir e Straton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Erasístrato (en grego antigo Ἐρασίστρατος; c. 304250 a. C.) foi un médico e anatomista da Grecia Antiga, nado na illa de Ceos. Foi con Herófilo o fundador da Escola de Alexandría. Curou a Antíoco, fillo do sirio Seleuco I, escena que pintou Jacques Louis David no s. XVIII, polo que recibiu o Prix de Rome.

É considerado precursor da neuroloxía e tamén é chamado fundador da fisioloxía experimental, realizando experimentos con animais.

Descubrimentos sobre o sistema nervioso[editar | editar a fonte]

Pioneiro xunto a Herófilo na neuroanatomía, foron dos primeiros en practicar diseccións de cadáveres. Erasístrato distinguíu as principais estruturas do cerebro: hemisferios e cerebelo. Tamén observou que os nervios converxen cara ao sistema nervioso central. Resaltou o papel na sensibilidade e a motricidade das raíces posteriores e anteriores dos nervios raquídeos. Pioneiro do método comparativo, foi o primeiro en establecer un vínculo entre as circunvolucións do cerebro (é dicir, o grao de «pregamento») das distintas especies animais e a súa intelixencia.

Na liña de Anaxágoras e Alcmeón de Crotona fixo ao cortex cerebral a sede do pensamento, ao contrario que Aristóteles, que a situaba no corazón.

Descubrimentos sobre o sistema circulatorio[editar | editar a fonte]

Erasístrato sinalou a importancia do sangue e estivo moi próximo de facer o descubrimento da circulación sanguínea ao recoñecer que o corazón estaba no centro da rede de arterias e veas. Deu as primeiras descricións da vea cava, as válvulas venosas e as arterias pulmonar e renal.

Foi autor dunha teoría contraposta á dos humores. Defendeu a idea de que o sistema de veas transportaba sangue e non o pneuma imaxinado por Hipócrates. Este sangue contendo o espírito vital era transportado do corazón ao cerebro, onde era transformado e distribuído polo corpo vía os nervios (dos que demostrou que non eran ocos senón formados por unha estrutura tubular sólida). Con todo, o papel das arterias na súa teoría era o de transportar o aire, o que explicaba, segundo el, o pulso. Interpretaba algunhas desordes fisiolóxicas como un exceso de sangue nas arterias. Esta teoría da plétora sanguínea expúxose en oposición á práctica de sangrías defendida por outros médicos da época, como Herófilo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]