Mi (letra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra mi.

Mi é o nome da undécima letra do alfabeto grego (μῦ); equivale ao /m/. Minúscula μ, maiúscula Μ. Adoita transcribirse como m. Provén da letra do alfabeto fenicio mēm. Como signo numérico representaba o corenta. En maiúscula serve tamén para designar o undécimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o undécimo da Odisea.