Stigma
Chámase stigma (actualmente trazado Ϛ, ς) unha antiga ligadura do alfabeto grego que notaba o grupo /st/ e que só se conservou na escritura actual porque serve para a numeración alfabética milesia (onde equivale a 6).
Contrariamente ao que parece, stigma non é un sigma final grego (ς): en efecto, é a evolución da ligatura dun sigma lunar (C) cun tau (T) que, en uncial, se trazaba
(CT) mentres que o sigma final é un sigma lunar dotado dun gancho final debido ao movemento do cálamo (ver Variante contextual para outros detalles). A ligadura simplificouse rapidamente en Ϛ. Así, podíase escribir Κωνσταντίνος ou Κωνϛαντίνος para Constantinos.
A causa dunha confusión co digamma (Ϝ), que se trazaba máis simplemente
en uncial e logo na escritura cursiva), letra que o alfabeto só conservara porque permitía escribir o número 6 (ϝʹ), o stigma (
en uncial), de uso frecuente, veu substituír na Idade Media o digamma orixinal: en efecto, os dous caracteres trazábanse de maneira moi semellante.
Actualmente, stigma ao xa non empregarse como ligatura, vese reemprazada a miúdo polas dúas letras sigma e tau escritas un ao lado da outra: ςʹ = στʹ = 6. Exemplo célebre: o Número da Besta, no Apocalipse de Xoán, aparece como χξςʹ (khi, xi, stigma), que representa o valor 666.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Letras suplementarias do alfabeto grego.
- Digamma, Qoppa, Sampi.
- Historia do alfabeto grego.
- Numeración grega.
- Alfabeto grego.
[editar] Bibliografía
- http://www.tlg.uci.edu/~opoudjis/unicode/other_ligatures.html#stigma
- http://www.tlg.uci.edu/~opoudjis/unicode/numerals.html#stigma
| Alfabeto grego |
| Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega |
| Letras suplementarias do alfabeto grego |
| Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi |