Sho
Nota: Este artigo trata da letra suplementaria do alfabeto grego. Para a letra latina empregada en Islandia e nas primeiras notacións das linguas xermánicas e que posúe unha forma similar, ver Thorn.
Sho (Maiúscula Ϸ, Minúscula ϸ) era unha letra utilizada para transcribir o bactriano.
Índice |
[editar] Lingüística
Ϸ empregábase para transcribir o son dunha consoante fricativa postalveolar xorda (notada [ʃ] en API, pronunciada como o « x » galego) en bactriano, unha lingua indoirania xa estinguida.
[editar] Historia
En -328, a Bactriana - país situado no norte do actual Afganistán - foi conquistado polos exércitos de Alexandre Magno. En -123, a rexión foi conquistada polos Yuezhi que decidiron adoptar o alfabeto grego para notar a lingua local. A letra sho foi creada para transcribir un son empregado en bactriano pero que non existía en grego.
[editar] Representación informática
A letra posúe as representacións Unicode seguintes:
- Maiúscula Ϸ :
U+03F7; - Minúscula ϸ :
U+03F8;
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
| Alfabeto grego |
| Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega |
| Letras suplementarias do alfabeto grego |
| Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi |