Emilio Disi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Disi

(década de 1980) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Emilio Roberto Parada Editar o valor em Wikidata
2 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata
San Cristóbal (Buenos Aires), Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Belgrano (Buenos Aires), Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesEmilio Disi Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , humorista , director teatral Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0228338 Allocine: 89759 Allmovie: p308446
Twitter: DisiEmilio Editar o valor em Wikidata

Emilio Roberto Parada,[1] chamado Emilio Disi,[2] nado en Bos Aires o 2 de xaneiro de 1943 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 2018, foi un actor e cómico galego arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emilio Disi naceu nunha familia de emigrantes galegos na Arxentina. O pai, José Luis Parada, viña de Leiro[3], e emigrara a Cuba antes de asentarse na Arxentina como empregado público na década dos vinte; a nai, Pura Yáñez, viña dunha aldeíña da provincia da Coruña e traballaba como cociñeira, modista, lavandeira e limpadora. O irmán máis vello, Pepe Parada, xa se dedicaba ao sector do espectáculo, e por iso a Emilio empezaron a dicirlle 'Paradita'. Para evitalo tomou o pseudónimo de Emilio Disi, porque así se chamaba unha óptica local (Di sí), que atopara de maneira aleatoria na guía de teléfonos[4].

O primeiro filme de Disi, en 1968 foi Humo de marihuana, onde interpretou un papel secundario. Ese mesmo ano filmou Somos los mejores e ao ano Fuiste mía un verano. Xa en 1974 gravou o filme Los golpes bajos, mais a sona na Arxentina chegoulle coa serie de televisión Los hijos de López (1980).

A década dos oitenta foi un tempo de grandes éxitos para Disi, xa que filmou películas exitosas como El telo y la tele (1985), Los bañeros más locos del mundo (1987, xunto a Gino Renni, Berugo Carámbula e Alberto Fernández de Rosa) e Bañeros II, la playa loca (1989, a canda Gino Renni e Guillermo Francella). Contra o remate desa década encabezou outra saga con Guillermo Francella: Los extermineitors, unha parodia da serie de películas estadounidense Terminator. Aínda que se chegaron a gravar catro fitas na saga (Los Extermineitors, Extermineitors II, la venganza del dragón, Extermineitors III, la gran pelea final e mais Extermineitors IV, como hermanos gemelos) Disi só participou das dúas primeiras porque despois rifou con Francella. Ao tempo tamñen traballaba en televisión, onde protagonizara programas que tiveran bastante impacto na época. En 1988 participou na comedia Stress e a mediados dos noventa na segunda edición do programa Brigada Cola a canda Fernando Lupiz, entre outros. Tamén tiveron sona os seus sketchs cómicos de Rompeportones, dirixido por Hugo Sofovich.

Xa no século XXI Disi traballou en producións de éxito na Arxentina, como Todas las azafatas van al cielo (2001) ou Bañeros III: todopoderosos (2006), nesta última acompañado dos tamén populares actores aló Pachu Peña, Pablo Granados e Freddy Villareal. Durante varios anos realizou coa presentadora arxentina Susana Giménez o sketch «Susana Spadafucile», onde interpretaba a Mariano Garipetti, o home dela. En 2005 participou en dous capítulos da sitcom Casados con hijos, e en 2008 participou na serie Todos contra Juan, interpretándose a si mesmo. Durante 2008 e 2009 formou parte do elenco dunha montaxe arxentina da peza de teatro La cage aux folles, a canda Rodolfo Ranni e Mercedes Carreras. En 2011 formou parte do cadro de actores da serie cómico-policial Los únicos.

Finou no hospital Instituto Fleming, do barrio de Colegiales, a causa dun cancro de pulmón.[5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine
Ano Título do filme Papel que interpretou Dirixido por
1968 Humo de marihuana Loco Melena Lucas Demare
1968 Somos los mejores Nene Federico Padilla
1969 Fuiste mía un verano Secretario Eduardo Calcagno
1974 Los golpes bajos Mario Sábato
1977 La aventura explosiva Orestes A. Trucco
1980 Los hijos de López Emilio López Enrique Dawi
1983 Los reyes del sablazo Emilio Enrique Carreras
1985 El telo y la tele Actor Hugo Sofovich
1985 La búsqueda Irmán do xefe Juan Carlos Desanzo
1986 Brigada explosiva Emilio Enrique Dawi
1986 Brigada explosiva contra los ninjas Emilio Miguel Fernández Alonso
1987 Los bañeros más locos del mundo Emilio Carlos Galettini
1987 Los matamonstruos en la mansión del terror Emilio Carlos Galettini
1988 Los pilotos más locos del mundo Emilio Carlos Galettini
1988 Las locuras del extraterrestre Emilio Carlos Galettini
1989 Bañeros II, la playa loca Emilio Carlos Galettini
1989 Los extermineitors Emilio Carlos Galettini
1990 Extermineitors II, la venganza del dragón Emilio Carlos Galettini
2002 Todas las azafatas van al cielo Señalero Daniel Burman
2006 Bañeros III, Todopoderosos Emilio Rodolfo Ledo
2008 Brigada explosiva, misión pirata Emilio Rodolfo Ledo
2011 Querida, voy a comprar cigarrillos y vuelvo Ernesto Zambrana Mariano Cohn e Gastón Duprat
2011 El destino del Lukong el mesmo Gonzalo Roldán
2012 La pelea de mi vida Jorge Nisco
2014 Fermín Hernán Findling
2014 Muerte en Buenos Aires Xuíz Morales Natalia Meta
2014 Bañeros 4: Los Rompeolas Emilio Rodolfo Ledo
2015 Locos sueltos en el zoo Alfredo Luis Barros
2017 Soy tu karma Aviador WHO
Televisión
Ano Título do programa Canal onde se emitiu Rol
1970 ¡Robot! Canal 9
1971 Alta comedia Canal 9 Héctor - Flecha
1972 Me llaman Gorrión Canal 9 Gaona
1980 Los Piedra Gómez Doris
1980 Los hijos de López ATC Emilio López
1981-1982 Un departamento de comedia
1982 Casi una pareja
1987 La peluquería de don Mateo Canal 13 Perruqueiro fillo de don Mateo
1987 "Sume y lleve" Canal 9 Conducción
1988-1991 Stress Canal 13 Emiliano
1992-1994 Brigada Cola Telefé Dichi
1998 Rompeportones Canal 13 varios
1999 Petardos Azul TV (Canal 9) varios
1992-2005 / 2013- 2014-2016 Susana Giménez Telefé Sketchs
2000 Los Iturralde América 2 Emilio Iturralde
2001 Buen día para todos (BDPT)
2002 099 Central Canal 13 Fausto
2003 Tercer tiempo Canal 13 Emilio
2004 Los de la esquina TV Pública
2004 Dinamitados Canal 26 varios
2005 Casados con hijos Telefé Tito
2011 Los únicos El Trece Américo
2012 La pelu Telefé Florencio Costacurta
2013 Los vecinos en guerra Telefé Luis Alberto
2014 Embarcados a Europa TV Pública Francesco Canducci
2016-2017 Susana Giménez Telefe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los nombres de los famosos, según su D.N.I. - Fotogalería - Perfil.com". 2012-06-29. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 2018-06-27. 
  2. "La curiosa anécdota sobre cómo Emilio Disi eligió su apellido artístico". Consultado o 2018-06-27. 
  3. Parissi, Julio César (2012). Nos trajeron los barcos: Historias de padres y abuelos inmigrantes. Sudamericana. ISBN 9789500729062. 
  4. "La valiente y conmovedora lucha de Emilio Disi contra el cáncer de pulmón hasta su último aliento". www.msn.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-15. 
  5. Murió Emilio Disi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]