Cristina Narbona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Cristina Narbona Ruiz, nada en (Madrid o 29 de xullo de 1951), é unha economista, profesora universitaria e política española que entre abril de 2004 e de 2008 foi ministra de Medio Ambiente.
Viviu en Italia coa súa familia durante a ditadura franquista, doutorouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Roma. Regresou a España en 1975, dedicándose á docencia na Universidade de Sevilla. Vinculada ó PSOE -aínda que non se afiliou ó mesmo ata 1993-, en 1982 foi nomeada Viceconselleira de Economía da Xunta de Andalucía no primeiro goberno autonómico. Nos sucesivos gobernos presididos por Felipe González ocupou postos de dirección no Banco Hipotecario, foi Directora Xeral da Vivenda do Ministerio de Obras Públicas en 1991 e Secretaria de Estado de Medio Ambiente e Vivenda en 1993.
Nas eleccións xerais de 1996 foi elixida Deputada ó Congreso pola provincia de Almería. En 1999 presentouse e foi elixida Concelleira polo PSOE no Concello de Madrid, ó tempo que se incorporou á Comisión Executiva Federal do PSOE da man de José Luis Rodríguez Zapatero. Elixida en 2004 de novo Deputada pola circunscrición de Madrid, a vitoria socialista nas eleccións xerais e o nomeamento de Rodríguez Zapatero como Presidente do Goberno permitíronlle ser nomeada Ministra de Medio Ambiente.
O seu labor á fronte do Ministerio propúxose como obxectivo o cumprimento por España do Protocolo de Kyoto, suspendeu o proxecto do transvase de auga do río Ebro cara ó sueste peninsular[1] a cambio de solventar a escaseza de auga coa construción de desalgadoras e aproveitamento dos recursos hídricos de cada territorio[2], modificou o transvase do río Xúquer ó Vinalopó[3] e impulsou un proxecto de ampliación do uso das enerxías renovables[4]. É partidaria do peche progresivo de todas as centrais nucleares existentes en España.
| Predecesor: Elvira Rodríguez |
Ministra de Medio Ambiente 2004 – 2008 |
Sucesor: desaparecido como ministerio |

