Ekaterina Gordeeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gordeeva e Grinkov nun cartel de Azerbaixán en 1998.

Ekaterina "Katia" Alexandrovna Gordeeva (Екатерина Александровна Гордеева), nada en Moscova o 26 de maio de 1971, é unha patinadora artística rusa. Xunto co seu compañeiro e defunto esposo Sergei Grinkov, foi campioa dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 e 1994 e catro veces campioa no Campionato Mundial de Patinaxe Artística en patinaxe por parellas. Despois da morte do seu marido, continuou actuando como patinadora individual.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Elena Lvovna Gordeeva, unha operadora de teletipo da TASS, e Alexander Alexeyevich Gordeev, un bailarín da Alexandrov Song and Dance Ensemble[1]. Gordeeva dixo, "Meu pai traballou comigo nun movemento cando eu era pequena"[1]. Ten unha irmá pequena, María Alexandrovna Gordeeva nada en 1975, quen vivía en Moscova[2][3]. Gordeeva comezou a patinar con catro anos, con patíns de tallas demasiado grandes, poñendo moitos pares de calcetíns porque non se atopaban patíns para os seus pequenos pés na Unión Soviética[4].

Carreira en parella[editar | editar a fonte]

na Escola de Deportes do CSKA Moscova.[5] Non era unha saltadora especialmente forte, e en agosto de 1981,[6] o adestrador Vladimir Zaharov uniu a Gordeeva, de 10 anos. con Sergei Grinkov, de 14. Porque Grinkov ao practicar, frecuentemente, perdiase, o adestrador, finalmente, insistiu en que Gordeeva formase parella con outra persoa pero ela negábase. No seu lugar, a parella cambiou de adestrador.[7]

Gañaron o Campionato Mundial Júnior de Patinaxe Artística de 1985, en Colorado Springs. Ó ano seguinte gañaron o primeiro dos seus catro Campionatos Mundiais de Patinaxe Artística. Son unha dos poucas parellas en gañar ambos os dous títulos de campións Júnior e Sénior. Defenderon, con éxito, o seu título mundial en 1987 e gañaron o ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 en Calgary (Canadá),[8] a pesar dun desagradable accidente. En novembro de 1987, Grinkov caeu coa coitela dos seus patíns sobre a fronte de Gordeeva durante unha sesión de adestramento.[9] Foi hospitalizada durante un tempo, pero aínda foron capaces de competir, e gañar, nas Olimpíadas, que se iniciaron en febreiro.[10] Seguen sendo a parella máis nova en gañar o ouro olímpico. Despois dunha caída no seu programa longo, levaron a prata no Campionato do Mundo de 1988, pero gañaron o título en 1989 e 1990. Convertéronse en profesionais no outono de 1990, gañando o seu primeiro Campionato Mundial Profesional en 1991. Tamén gañaron o título en 1992 e 1994.

Gordeeva e Grinkov gañaron case todas as competicións nas que entraron. Nas 31 competicións dos que se coñecen os resultados nos niveis sénior e profesional, quedaron primeiros 24 veces, e nunca inferior ao segundo posto dende a vez que gañaron o seu primeiro título sénior do mundo. Son unha das poucas parellas da historia que superaron con éxito un xiro cuádruplo nunha competición internacional.[11] Lograron sen problemas un elemento de dificultade no Campionato do Mundo de 1987. Tamén completaron o elemento no Campionato Europeo en 1987. pero debido a un problema co arranque de Grinkov e un malentendido sobre as regras (o árbitro sinalara que parasen, indo tan lonxe como parar a súa música pero eles continuaron patinando), foron descualificados deste evento. [11] Deixaron de realizar o cuadruple xiro porque non melloraba significativamente as súas marcas, facendo innecesario o estrés físico engadido.

En 1989 comezaron como parella sentimental, e casaron en abril de 1991. A súa voda civil foi o 20 de abril, e a relixiosa foio 28 de abril. Desde novembro de 1991 ata abril de 1992, viaxaron con Stars on Ice por primeira vez. O 11 de setembro de 1992, súa filla, Daria Sergeyevna Grinkova, naceu en Morristown (Nova Jersey). Pouco despois do nacemento de Daria, Gordeeva reanudouse a nova formación para a nova tempada de Stars on Ice, que se estrenou no novembro de 1992 e continuou ata o seguinte mes de abril.

Cando unha nova regra ISU permitiu aos patinadores profesionais recuperar a súa elexibilidade olimpica, a parella decidiu regresar as competicións amateurs durante a tempada de 1993-94 e patinar nas Olimpadas. En 1994 a parella gañou a súa segunda medalla de ouro olímpica en Noruega.[8] Decote son chamados como "G&G".[12] Eran coñecidos pola calidade da súa técnica no patinaxe básico: "Grinkov e Gordeeva tiñan algo especial que era máis fácil de apreciar en persoa. Non facían ruído cando patinaban. Movíanse con tanta fluidez que as follas dos seus patíns susurraban sobre o xeo en lugar de rascarse nel."[13]

Despois das Olimpíadas, a parella regresou ao patinaxe profesional e mudouse a Simsbury (Connecticut). Durante a tempada de 1994-1995 viaxaron con Stars on Ice, esta vez como cabezas de cartel. Este ano Gordeeva foi nomeada unha das "50 persoas máis fermosas" pola revista People.[14] Ese verán, Gordeeva e Grinkov foron escollidos para a introdución do Mundial de Patinaxe Artístico, Mundial da Fama e planearon volver a Starts on Ice para a súa cuarta tempada co tour.

O 20 de novembro de 1995, Sergei Grinkov derrumbouse sobre o xeo e morreu aos 28 anos por un ataque ao corazón.[15] A parella estaba no xeo en Lake Placid (Nova York) ensaiando para a noite do estreo da próxima xira. Máis tarde os médicos descubriron que Grinkov tiña unha enfermidade conxénita no corazón a que lle causou a morte. [8]

Carreira en solitario[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1996, Gordeeva volveu ao xeo, esta vez como patinadora solista. [16] A súa actuación en solitario foi un tributo ao seu falecido marido,[8] patinando á 'Adagietto' sección da Sinfonía 5 de Gustav Mahler. O número levouse a cabo solamente dúas veces, primeiro nun preestreno nun club de patinaxe en Ontario, Canadá, e despois o 27 de febreiro de 1996, en un tributo televisivo a Grinkov, chamado "Celebración dunha Vida",[17] no que numerosas estreñas de patinaxe formaron parte. Gordeeva dixo que se sentía como se patinase con Sergei aquela noite, que era "dobremente forte" porque o sentía con ela..[7] Ese mesmo ano ca axuda do autor E. M. Swift, contou a súa historia nun libro titulado Meu Sergei: Unha historia de amor.[4] En febreiro de 1998, a CBS emitíu un docudrama do mesmo nome baseado no libro.. Ela publicou un segundo libro en abril de 1998, titulado Unha carta para Daria. En 1998 díxolle a un entrevistador que "A miña vida de bo patinaxe, e patinar con el, acabouse... Agora non intentarei ir ás Olimpadas. Tomo o patinaxe por un traballo."[18]

Gordeeva regresou a Stars on Ice como patinadora en solitario e estivo de xira co espectáculo todos os anos ata 2000, cando se tomou un tempo para dar a luz a súa segunda filla en xuño de 2001. Regresou á xira como estrela invitada en varias ocasións, pero nunca volveu a tempo completo. Ademais de excursións e expectáculos, Gordeeva competiu con éxito como unha patinadora en solitario profesional, terminando tan alto como o segundo lugar no Campionato Profesional do Mundo (en 1997). Parou de competir no 200, pero continua patinando en xiras profesionais de patinaxe, espectáculos e concursos. Aínda que nunca volveu a patinar en parella de maneira profesional, presentouse en parella en numerosos espectáculos con patinadores entre os que se inclúen Artur Dmitriev, Anton Sikharulidze, David Pelletier, e John Zimmerman. Para a tempada de 1998–99 con Stars on Ice, ela e os seus compañeiros rusos Ilia Kulik, Elena Bechke, e Denis Petrov formaron un cuarteto que mostrou as súas habilidades en parella, en 1999–2000, ela e Kulik formaron un dueto romántico durante a xira. Tamén regresou cunha parella de patinaxe durante a tempda de 2008-2009, cando participou nun reality show de televisión chamado "Ice Age 2", unha versión de patinaxe artístico de Bailando cas Estrelas. Fixo parella co actr ruso Egor Beroev, e xuntos gañaron o espectáculo.

Ekaterina Gordeeva firmou varios contratos de patrinación, o máis importate dos cales foi con Target e deu lugar a dous perfumes ("Katia" e "Katia Sport") que se venden a través de tendas Target.[19] Gordeeva e a súa filla, Daria, apareceron na película ddo verán de 1997 chamada "Snowden on Ice" e Gordeeva apareceu na secuela de 1998, "Snowden's Raggedy Ann and Andy Holiday Show". Representou Rolex e tamén apareceu ca súa filla Daria en "Got Milk?" ad. [20]

En 2001, foi obxecto de Lenox unha estatuiña chamada "Katia Celebración da Vida", que representaba a realización dun xiro inclinado cara atrás no tributo que lle fixo a Grinkov.[21] Tamén apareceu no 2003 en Sports Illustrated Swimsuit Issue como unha atleta destacada.[22] En 2003, apareceu no xeo por primeira vez con Daria. A parella realizou un dúo durante o epectáculo do Día da Nai e volveron xuntas ao xeo en varias ocasións dende entón, incluíndo dúas versións diferentes de "Nenos no Mundo" de Amy Grant no espectáculo "Family & Friends" de Kristi Yamaguchi en 2005 e 2006. Durante este espectáculo en 2007, o dúo nai-filla converteuse nun trío cando se lles uniu a filla menor de Gordeeva, Lizza, e as tres patinaron xuntas con "Homesick" interpretada en directo por The Cheetah Girls. Daria renunciou ó patinaxe artístico en 2007.[15]

En 2007, Ekaterina Gordeeva protagonizou "Patinaxe para o corazón", un espectáculo para crear conciencia sobre as enfermidades do corazón. Patinou en honor a Sergei. En 2008, voou aos Estados Unidos dende Rusia durante a gravación de "Ice Age 2" co fin de protagonizar "Patinaxe para o corazón" por segunda vez. Esta vez dedicou o número pola memoria do seu pai, Alexander Gordeev, quen morreu dun ataque cardíaco en 2008. Ademais do seu patinaxe, Gordeeva atreveuse co entrenamento e a coreografía. has ventured into coaching and choreography.[15]

En 2010 Gordeeva competiu co xogador de hockey Valeri Bure no programa de patinaxe artístico Batalla das Cuchillas. O 22 de novembro de 2010, finalmente ela e Bure gañaron a competición.[23] Gordeeva reincorporouse a Stars on Ice en novembro de 2010, para o 25 aniversario da xira.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 15 de xuño de 2001, Gordeeva deu a luz a súa segunda filla, Elizaveta Ilinichna Kulik (tamén chamada Lizza, un diminutivo ruso do nome Elizaveta, pronunciado LEE-za), cuxo pai é o medallista de ouro dos whose father is Xogos Olímpicos de Inverno de 1998, Ilia Kulik.[2][24] [[ Gordeeva e Kulik casáron nunha cerimonia privada en San Francisco o 10 de xuño de 2002.[25]

Residían en California, varios anos antes de mudarse a Avon (Connecticut) en 2003.[26] A familia regresou aos Ánxelesen 2007 e actualmente reside en Newport Beach (California). Gordeeva, Kulik, Daria e Elizaveta fixeron a súa primeira aparición en televisión como familia para "Amigos e Familia de Kristi Yamaguchi" en 2005, e repetiron a súa aparición nas versións do espectáculo de 2006 e 2007.[16] Ela e a súa familia falan en ruso na casa, e viaxan frecuentamente a Rusia.[15][27]

En 2012, Kulik e Gordeeva abriron unha pista de patinaxe en Lake Forest (California).[28]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Meu Sergei: Unha historia de Amor[editar | editar a fonte]

Meu Sergei: unha historia de amor, escrito por Ekaterina Gordeevawritten by Ekaterina Gordeeva ca axuda do escritor E. M. Swift e publicado en 1996, conta a historia dunha das parellas de patinaxe artísitco máis recoñecidas.

A historia de seus anos xuntos encabezou a lista de máis vendidos de Nova York [29] e inclue moitas fotografías en branco e negro e en color da colección persoal de Gordeeva e Grinkov e fotos publicitarias das súas xiras, como as de Estrelas no Xeo. Tamén se fixo unha versión cinematográfica de "My Sergei". Protagonizada polo dúo ruso de patinaxe Elena Berezhnaya e Anton Sikhuralidze, que incluíu entrevistas con familiares e aigos, e secuencias de patinaxe.[30][31]

Unha carta para Daria[editar | editar a fonte]

O libro infantil, Unha carta para Daria, foi escrito pola patinadora Ekaterina Gordeeva para a sñúa filla (e do patinador ruso Sergei Grinkov), Daria Sergeievna Grinkova.

Trátase dunha autobiografía de nai a filla sobre recordos da infancia, patinaxe, diferenzas entre a cultura rusa e anericana, e a importancia da familia. Este libro iclue varias imaxes da colección persoal de Ekaterina Gordeeva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Swift, E.M. (1988-02-29). "1988 Flashback: A Magical Twosome". Sports Illustrated. Arquivado do orixinal o 2011-07-22. http://sportsillustrated.cnn.com/olympics/events/1998/nagano/coldwars/1988/amagicaltwosome.html. 
  2. 2,0 2,1 "Ekaterina Gordeeva and Sergei Grinkov, Biography" (en Russian). gordeeva.com. http://www.gordeeva.com/about/index.shtml. Consultado o 2008-11-30. 
  3. Voznesyuh, Dmitriy. "Ekaterina Gordeeva vai pasar as súas vacacións en Moscova" (en Russian). Sportcom. Arquivado do orixinal o 2007-09-13. http://web.archive.org/web/20070913213909/http://sportcom.ru/sport/figurkat/news463d8a33.htm. Consultado o 2008-01-28. 
  4. 4,0 4,1 "Love of her life", People, March 25, 1996, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=People, consultado o 2007-11-12 
  5. Tatiana Tarasov and students (en ruso).
  6. Yu, Sylvia. "Marina's Muse." Grace & Gold Newsletter: The Official Publication of the Gordeeva & Grinkov Fan Club. Winter 1999. pp. 1&4.
  7. 7,0 7,1 "Love on Ice", AMI Specials, April 11, 2000, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=AMI%20Specials, consultado o 2007-11-12 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Then & Now: Ekaterina Gordeeva, CNN, June 22, 2005, http://www.cnn.com/2005/US/05/16/cnn25.tan.gordeeva/index.html, consultado o 2007-11-12 
  9. Gordeeva, Ekaterina. My Sergei: A Love Story. Warner Books Inc., 1996. ISBN 0-446-52087-X.
  10. Dadygeen S. (1988). "A secret of success" (en Russian). Soviet Sports. http://www.gordeeva.com/media/successecret_88.shtml. Consultado o 2008-12-07. 
  11. 11,0 11,1 Sheluhin A. (1988-02-28). "Ekaterina's Smile" (en Russian). Soviet Sports. http://www.gordeeva.com/media/katiassmile_88.shtml. Consultado o 2008-12-07. 
  12. Kantrowitz, Barbara (December 11, 1995). "Beyond the Tears". People (magazine). http://www.people.com/people/archive/article/0,,20103109,00.html. Consultado o 2007-11-12. 
  13. Knapp, Gwen (February 25, 2006). "A golden princess: Quiet deserving winner". San Francisco Chronicle. http://sfgate.com/cgi-bin/article.cgi?file=/c/a/2006/02/25/KNAPP.TMP. Consultado o August 21, 2010. 
  14. "Ekaterina Gordeeva". People (magazine). May 4, 1994. http://www.people.com/people/archive/article/0,,20108023,00.html. Consultado o 2007-11-12. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Korobatov, Yaroslav (2007-11-01). "[Ilia Kulik and I didn't want to advertise our romance]" (en Russian). Komsomolskaja Pravda. http://www.kp.ru/daily/23995.3/78012. Consultado o 2008-01-28. 
  16. 16,0 16,1 Vaytsekhovskaya, Elena (2003-10-14). "[Interview with Ekaterina Gordeeva]" (en Russian). Sport Express. http://www.sport-express.ru/art.shtml?75862. Consultado o 2008-11-30. 
  17. "Right on Target", International Figure Skating, July/August 1996, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=International%20Figure%20Skating, consultado o 2007-11-12 
  18. Lopez, Steve (January 26, 1998). "Life After The Glory". Time (magazine). http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,987720-1,00.html. Consultado o 2007-11-12. 
  19. "Right on Target", International Figure Skating, March/April 2000, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=International%20Figure%20Skating, consultado o 2007-11-12 
  20. Milk, Got. (2005-06-24) Grinkova Gordeeva | Flickr – Photo Sharing!. Flickr. Retrieved on 2011-11-02.
  21. "Seen and Heard", International Figure Skating, October 2002, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=International%20Figure%20Skating, consultado o 2007-11-12 
  22. SI.com – Swimsuit Collection – Ekaterina Gordeeva. Sportsillustrated.cnn.com. Retrieved on 2011-11-02.
  23. Smith, Beverley (September 8, 2010). "Gordeeva crosses skate paths with Bure again". The Globe and Mail (Toronto). http://www.theglobeandmail.com/sports/more-sports/gordeeva-crosses-skate-paths-with-bure-again/article1699267/. Consultado o September 14, 2010. 
  24. "Ekaterina Gordeeva: I don't want to lose ties with my homeland" (en Russian). sports.ru. http://www.sports.ru/others/figure-skating/6037423.html. Consultado o 2008-01-28. 
  25. "Ekaterina Gordeeva", People, January 13, 2003, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=People, consultado o 2007-11-12 
  26. "Balancing Act", International Figure Skating, January/February 2004, http://www.pairsonice.net/gordeeva/magazines.php?mag=International%20Figure%20Skating, consultado o 2007-11-12 
  27. "Interview with Ekaterina Gordeeva" (en Russian). sports.ru. http://www.sports.ru/others/figure-skating/5886263.html. Consultado o 2008-01-28. 
  28. Elfman, Lois (September 13, 2012). "Figure skating only at Kulik, Gordeeva's new rink". Ice Network. http://web.icenetwork.com/news/article.jsp?ymd=20120913&content_id=38351244&vkey=ice_news. 
  29. "BEST SELLERS: December 22, 1996". The New York Times. 1996-12-22. http://www.nytimes.com/1996/12/22/books/best-sellers-december-22-1996.html?scp=43&sq=%22my%20sergei%22&st=cse. 
  30. Sandomir, Richard (1998-01-09). "TV SPORTS; CBS Use of Gordeyeva Goes Way Beyond Ice". The New York Times. http://www.nytimes.com/1998/01/09/sports/tv-sports-cbs-use-of-gordeyeva-goes-way-beyond-ice.html?scp=2&sq=%22my%20sergei%22&st=cse. 
  31. James, Caryn (1998-05-10). "TELEVISION; Using the Art of Fiction to Enliven Truth". The New York Times. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F20E1EFC3C550C738DDDAC0894D0494D81&scp=39&sq=%22my%20sergei%22&st=cse. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ekaterina Gordeeva

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gordeeva, Ekaterina con E.M. Swift. (1996). Meu Sergei: Unha historia de amor. Warner Books Inc. ISBN 0-446-52087-X.
  • Brennan, Christine . (21 de novembro, 1995). O patinador olimpico Sergei Grinkov morre aos 28 anos. Washington Post.
  • Gordeeva, Ekaterina. Unha carta para Daria. Little Brown & Co., 1998. ISBN 0-316-32994-0.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]