Eiffel 65
| Eiffel 65 | |
|---|---|
Como Bloom 06: Maurizio Lobina (esq.) e Jeffrey Jey (der.) |
|
| Información | |
| Orixe | Turín, Italia |
| Período | 1998 – 2004 2010-actualidade |
| Xénero(s) | Dance, Eurodance |
| Selo(s) discográfico(s) | Universal Records |
| Membros | Gianfranco Randone Maurizio Lobina Gabry Ponte |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | www.eiffel65.com |
Eiffel 65 é un grupo italiano de música electrónica dance formado no final da década dos 90 na cidade de Turín. O nome de “Eiffel” foi escollido á sorte por un programa informático e o “65” apareceu publicado xunto ao nome do grupo porque, por erro, alguén non reparou que eses números facían parte dun número de teléfono que ía adxunto á demo, fixando así o nome definitivo do grupo. Os seus temas son cantados en inglés, en italiano e, por veces, nos dous idiomas.
Índice |
Biografía [editar]
Comezos [editar]
A canción que lles deu a fama en 1999 foi “Blue (Da Ba Dee)”, coa que conseguiron unha nominación aos “Grammys” por mellor gravación dance do ano. Os seus outros primeiros éxitos foron “Move Your Body” e “Too Much of Heaven”. Estes temas e outros apareceron no seu primeiro disco Europop, no ano 1999, do que venderon máis dun millón de copias e realizaron unha xira mundial de dous anos con máis de 600 concertos[1].
Traballo posterior [editar]
Tralo éxito conseguido sacaron dous álbums máis, Contact! en 2001 e Eiffel 65 en 2003, mais non acadaron o éxito do primeiro disco.
Eiffel 65 tamén fixo varios remixes de cancións doutros artistas, como o éxito de Nek "La vita è" e o de S Club 7 "Reach", principalmente entre 1999 e 2002.
En marzo de 2005, Gabry Ponte, DJ do grupo, abandonou a formación para emprender unha carreira en solitario. O 16 de maio do mesmo ano, os outros dous membros do grupo, Maurizio Lobina e Jeffrey Jey, deixaron a Bliss Corporation para continuar en por eles coa súa propia produtora. Como o nome "Eiffel 65" era propiedade da Bliss Corporation, o dúo decidiu continuar con outro nome, Bloom 06.
En xuño de 2006 naceu o grupo “Bloom 06”, formado por Maurizio e Jeffrey. No seu primeiro álbum “Crash Test 01”, utilizaron moitas das maquetas que estiveran realizando para o malogrado seguinte disco de Eiffel 65. Deste disco sacáronse os singles In The City, e Per Sempre.
Bliss Corporation confirmou que unha nova formación de Eiffel 65 faría o seu debut no verán de 2007 pero o debut foi posposto.
En xuño de 2010 publicouse na páxina web de Bloom 06 que Eiffel 65 se reuniría de novo para producir novos traballos.[2]
Compoñentes [editar]
- Jeffrey Jey (nome real: Gianfranco Randone), nado o 5 de xaneiro de 1970 en Lentini, Sicilia – voz, baixo.
- Maury Lobina (previamente coñecido como Apollo, nome real: Maurizio Lobina), nado o 30 de outubro de 1973 en Asti, Piemonte – teclado, guitarra.
- Gabry Ponte (nome real: Gabriele Ponte), nado o 20 de abril de 1973 en Turín, Piemonte – produtor.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
| Ano | Detalles dos álbums | Máximas posicións na lista de éxitos | Certificacións | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| AUS [3] |
AUT [4] |
CAN [5] |
FIN [6] |
FRA [7] |
ALE [8] |
ITA [9] |
NC [10] |
SUI [11] |
RU [12] |
EUA [13] |
||||
| 1999 | Europop
|
18 | 16 | 5 | 8 | 6 | 37 | 13 | 4 | 19 | 12 | 4 | ||
| 2001 | Contact!
|
— | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| 2003 | Eiffel 65
|
— | — | — | — | — | — | 13 | — | — | — | — | ||
| "—" denota que non entraron na lista de éxitos | ||||||||||||||
Singles [editar]
| Ano | Single | Máximas posicións na lista de éxitos | Certificacións | Álbum | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| AUS [17] |
AUT [18] |
CAN [19] |
FIN [20] |
FRA [21] |
ALE [22] |
ITA [23] |
SUI [24] |
RU [12] |
EUA [25] |
EUA Pop [26] |
||||
| 1999 | "Blue (Da Ba Dee)" | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 6 | 2 | Europop | |
| 2000 | "Move Your Body" | 4 | 1 | 4 | 10 | 1 | 4 | 1 | 2 | 3 | — | 36 | ||
| "Too Much of Heaven" | 50 | 30 | — | — | 20 | 35 | 2 | 22 | — | — | — | |||
| "My Console" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
| 2001 | "One Goal" | — | — | — | — | 37 | — | — | — | — | — | — | Contact! | |
| "Back in Time" | — | — | — | — | — | — | 12 | — | — | — | — | |||
| "Lucky (In My Life)" | — | 23 | 26 | — | 68 | 57 | 13 | 74 | — | — | — | |||
| 2002 | "80's Stars" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| "Losing You" | — | — | 10 | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
| "Cosa resterà (In a Song)" | — | — | — | — | — | — | 12 | — | — | — | — | Eiffel 65 | ||
| 2003 | "Quelli che non hanno età" | — | — | — | — | — | — | 5 | — | — | — | — | ||
| "Viaggia Insieme a Me" | — | — | — | — | — | — | 13 | — | — | — | — | |||
| "Viaggia Insieme a Me RMX" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
| "Una notte e forse mai più" | — | — | — | — | — | — | 10 | — | — | — | — | Eiffel 65 2 | ||
| 2004 | "Voglia di Dance All Night" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| "—" denota que non entraron na lista de éxitos | ||||||||||||||
EPs [editar]
- Episode I (2000)
- Episode II (2001)
Notas [editar]
- ↑ http://www.europafm.com/EuropaFM/Eiffel-65/ART_1517085
- ↑ http://www.bloom06.com/site/index.php
- ↑ "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. http://www.australian-charts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=a. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. http://www.austriancharts.at/search.asp?search=eiffel+65&cat=a. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Canadian Albums". Billboard. http://www.billboard.com/#/artist/eiffel-65/chart-history/363451?f=309&g=Albums. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. http://www.finnishcharts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=a. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. http://www.lescharts.com/search.asp?cat=a&search=Eiffel+65. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "musicline.de - German Chart Portal". http://musicline.de/de/chartverfolgung_summary/artist/EIFFEL+65/?type=longplay.
- ↑ "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. http://www.italiancharts.com/search.asp?cat=a&search=Eiffel+65. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "charts.org.nz - New Zealand charts portal". charts.org.nz. http://www.charts.org.nz/search.asp?search=Eiffel+65&cat=a. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. http://www.hitparade.ch/search.asp?search=Eiffel+65&cat=a. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ 12,0 12,1 "Chart Log UK: E-40 - E-Z Rollers". Official Charts Company. http://www.zobbel.de/cluk/CLUK_E.HTM. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Billboard 200". Billboard. http://www.billboard.com/#/artist/eiffel-65/chart-history/363451?f=305&g=Albums. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Albums". ARIA Charts. http://www.aria.com.au/pages/aria-charts-accreditations-albums-2000.htm. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Canadian Recording Industry Association (CRIA): Gold & Platinum". Canadian Recording Industry Association. http://www.cria.ca/goldplat.php. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "RIAA - Gold & Platinum - August 13, 2010: Eiffel 65 certified albums". Recording Industry Association of America. http://www.riaa.com/goldandplatinumdata.php?table=SEARCH_RESULTS&artist=Eiffel%2065&format=ALBUM&go=Search&perPage=50. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. http://www.australian-charts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. http://www.austriancharts.at/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Results - RPM - Library and Archives Canada: Top Singles". RPM. http://www.collectionscanada.gc.ca/rpm/028020-110.01-e.php?PHPSESSID=2cmugd9p91rg5km5ifiab96t36&q1=Eiffel+65&q2=Top+Singles&interval=20. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. http://www.finnishcharts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. http://www.lescharts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "musicline.de". http://musicline.de/de/chartverfolgung_summary/artist/EIFFEL+65/?type=single.
- ↑ "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. http://www.italiancharts.com/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. http://www.hitparade.ch/search.asp?search=Eiffel+65&cat=s. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Hot 100". Billboard. http://www.billboard.com/#/artist/eiffel-65/chart-history/363451?f=379&g=Singles. Consultado o 210-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Pop Songs". Billboard. http://www.billboard.com/#/artist/eiffel-65/chart-history/363451?f=381&g=Singles. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 1999 Albums". ARIA Charts. http://www.aria.com.au/pages/aria-charts-accreditations-singles-1999.htm. Consultado o 2010-08-14.
- ↑ 28,0 28,1 "Gold/Platin–Datenbank [Gold/Platinum Database]" (en German). Bundesverband Musikindustrie. http://www.musikindustrie.de/gold_platin_datenbank/.
- ↑ "BPI Certified Awards". British Phonographic Industry. http://www.bpi.co.uk/certifiedawards/search.aspx. Consultado o 2010-08-14.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Singles". ARIA Charts. http://www.aria.com.au/pages/aria-charts-accreditations-singles-2000.htm. Consultado o 2010-08-14.