Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, nado na Coruña o 2 de marzo de 1886 e finado o 2 de novembro de 1973 na mesma cidade, foi arquitecto e compositor. Losada constitúe o caso do compositor dilettante cuxa vinculación coa música é vocacional, xa que a súa profesión foi a de arquitecto.
Índice |
[editar] Traxectoria
Casou con María Trulock Bertorini o 15 de Outubro de 1913 e tiveron dez fillos. O 2 de Maio de 1941 foi nomeado Académico de Número da Sección de Arquitectura da Real Academia Nuestra Señora del Rosario e máis tarde, o 28 de Novembro de 1954, Académico de Honor[1].
As súas obras orixinais foron doadas polos seus fillos á Real Academia Nuestra Señora del Rosario de La Coruña. Tamén se poden atopar copias na Fundación March, na Sociedade de Autores e na Propiedade Intelectual.
[editar] Características da súa obra musical
Dada a súa longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a súa produción, na que destaca sobremanera o gran formato orquestral, con partituras como "El gnomo", cuxo título evoca ao poema sinfónico "Los gnomos de la Alhambra" do Chapí máis alhambrista.
[editar] Obra musical
Sonespecialmente sobranceiras as súas catro sinfonías e o Concerto para piano e orquestra, aínda que se por algún xénero musical é especialmente lembrado ese é o operístico, no que empregou como base argumental lendas e feitos históricos da Galiza. Este é o caso de "O Mariscal", drama estreado no Teatro Tamberlick de Vigo en 1929, con texto dos escritores e políticos galegos Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas.
Óperas:
- El Monte de las ánimas , (orixinal de G. A. Bécquer. Verso de Núñez de Cepeda ) (1927) -Estreada e dirixida polo autor o 6 de Mayo de 1927 no Teatro Rosalía de Castro.
- O Mariscal ,(libro en gallego de Ramón Cabanillas y Antón Vilar Ponte)(1929) - Estreada e dirixida polo autor o 31 de Mayo de 1929 no Teatro Tamberlick de Vigo-
- ¡Ultreya! (libro de Armando Cotarelo) Autógrafo (1935) - Estreada o 12 de Marzo de 1935 no Teatro La Zarzuela de Madrid.-
- El Gran Teatro del mundo,(libro de Calderón de la Barca) Autógrafo.-Existe un borrado para voz e piano. Sen estrear
Poemas sinfónicos:
- El diablo mundo (Ballet). Coreográfico. Autógrafo.
- El miserere. Sobre textos de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo
- Los Caneiros,(Impresión sinfónica. Autógrafo.) (1946) Interpretada o 17 de Novembro de 1946 po la Orquesta Sinfónica de Bilbao dirixida por Jesús Arrámbarri no Teatro Buenos Aires de Bilbao.
- El Gnogmo, (Poema sinfónico sobre una lenda de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo.) (1925) Estreado ó 8 de Maio de 1925 po la orquesta Sinfónica de Madrid, dirigida por Enrique Fernández Arbos en el Teatro Rosalía de Castro de La Coruña.
- La Santa Compaña, (sobre libro de Rey de Viana) Autógrafo. Existe redución para piano e borrador.
Sinfonías:
- Sinfonía en Sol menor (Autógrafo). Existe unha transcrición para dous piano(Manuscrito)
- Sinfonía en La menor.(Autógrafo) (1949). Estreada 4 de Decembro de 1949 pola Orquesta Municipal de La Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago no Teatro Rosalía de Castro.
- Sinfonía en Do menor.(Autógrafo).
- Sinfonía en Re menor.(Autógrafo).
- Concierto para piano y orquesta en Si bemol.(Autógrafo). Estreado o día 29 de Maio de 1955 porla Orquesta Sinfónica Municipal de La Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago . Pianista Pilar Cruz . No Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Música de camara:
- Colección de 9 cuartetos
- Coleccion de 3 trios O nº1 estreado el 26 de xaneiro de 1948 na Escola Naval de A Coruña. Violín: Horacio Rodríguez Nache. Violoncello: José Béjar. Piano: Pilar C Rodríguez Nache. Violoncello José Béjar e Piano Pilar Cruz.
- Preludio en Sol mayor para dos violines y piano , Adicado a súa filla Carmen Losada-Trulock
- 4 sonatas para piano
Gravacións: Existen as seguintes gravacións no arquivo sonoro da Radio Nacional de España.
- Trío en Sol menor.-(2 de Febrero de 1971).
- Trío en Re menor.-(3 Diciembre 1969) Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín y Carlos BaenaIntérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín y Carlos Baena
- Trío en Do menor.-(11 de Noviembre de 1972) Intérprete : Ana Mª Gorostiaga, Carlos Baena y Eduardo Hernández Asiaín.
- Cuarteto en Do menor.-(13 de Noviembre de 1972).
- Cuarteto en Sol menor.-(24 de Abril de 1974) Intérpretes: Cuarteto clásico de RTVE.
[editar] Obra arquitectónica
- Edificio José Carrera en Corcubión[2] (1924).
[editar] Notas
- ↑ Relación Académicos de Honor www.academiagallegabellasartes.org.
- ↑ Edificio José Carrera www.corcubion.info.
