Economía de Trindade e Tobago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Trindade e Tobago
Moeda Dólar de Trindade e Tobago
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 26,15 mil millóns (2011)
Posición do PIB 112ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -1,4% (2011)
PIB per cápita $ 20.300 (2011)
PIB por sector agricultura 0,3%, industria 58,4%, comercio e servizos 41,3% (2011)
Inflación 5,7% (2011)
Poboación abaixo da liña da pobreza 17% (2007)
Total da forza de traballo 636.800 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 3,8%, industria, minería e pedreiras 12,8%, construción civil 20,4%, comercio e servizos 62,9% (2011)
Desemprego 6,4% (2011)
Industrias petróleo, GLP, metanol, amonia, urea, produtos de aceiro, bebidas, alimentos, cemento, téxteis de algodón
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 16,92 mil millóns (2011)
Produtos de exportación petróleo e derivados, GLP, metanol, amonia, urea, produtos de aceiro, bebidas, cereais, azucre, cacao, café, cítricos, legumes, flores
Principais mercados Estados Unidos 44,2%, España 6,1%, Xamaica 5,1% (2009)
Importacións 10,47 mil millóns (2011)
Principais produtos importados combustibles minerais, lubrificantes, máquinas, equipamentos de transporte, produtos industrializados, alimentos, produtos químicos, animais vivos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 746 millóns (2011)
Receitas 7 329 millóns (2011)
Despesas 8 125 millóns (2011)

A economía de Trindade e Tobago susténtase en boa parte no feito de que Trindade e Tobago acadou sona como área de investimento con excelente condicións para os negocios internacionais. Un sector de proa ten sido, nos últimos catro anos, o do gas natural. O turismo é un sector en crecemento, a pesar de non ser tan importante, proporcionalmente, como en moitas outras illas do Caribe. A economía benefíciase de unha reducida inflación, e de superávites comerciais. O ano de 2002 foi marcado por un crecemento sólido no sector do petróleo, parcialmente ofuscado por incertezas políticas domésticas.

Referencias [editar]