Economía de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Portugal
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, e e outras
Datos estatísticos Fonte:CIA
PIB US$ 232 mil millóns (2007)
PIB (posición) 45ª no mundo
% de crecemento PIB 1,9% (2007)
PIB per cápita US$ 22 677 (2006)
PIB por sector agricultura 7,9%, industria 25,9%, comercio e servizos 66,2% (2007)
Inflación anual 2,4% (2007)
Poboación abaixo da liña da pobreza dato non disponíbel
Total da forza de traballo 5,62 millóns (2007)
% traballadores por sector agricultura 10%, industria 30%, comercio e servizos 60% (2001)
Desemprego 8% (2007)
Parcerías comerciais [1]
Exportacións (US$) 50,72 mil millóns f.o.b. (2007)
Principais productos exportados roupas e calzados, máquinas, produtos químicos, cortiza, produtos de papel, couro
Principais mercados España 26,5%, Alemaña 12,9%, Francia 12%, Reino Unido 6,7%, USA 6,1% (2006)
Importacións (US$) 72,19 mil millóns (2007)
Principais parceiros España 29%, Alemaña 13,1%, Francia 8,1%, Italia 5,6%, Países Baixos 4,4% (2006)
Finanzas públicas [2]
Débeda externa US$ 415,5 mil millóns (2007)
Receitas (US$) 92,35 mil millóns
Despesas (US$) 99,59 mil millóns
Axuda económica doada (US$) 271 millóns (1995)

Ao longo dos últimos 40 anos Portugal foi o país da OCDE cunha maior taxa de crecemento do PIB, coa excepción da Irlanda (fonte: OCDE).

Sendo aderido á Unión Europea en 1986, o país iniciou entón un período de fortes reformas e de elevados investimentos en infra-estruturas que se reflectarán nunha rápida aceleración do crecemento económico. Entre 1970 e 2003 o PIB 'per capita' medido en PPP (Paridade do Poder de Compra) creceu de pouco máis do 50% para preto do 70% do mesmo indicador para a media da Unión Europea (fonte: OCDE).

Portugal foi dos primeiros países seleccionados para a fase final da Unión Económica e Monetaria, iniciando a introdución do Euro como moeda a partir de 1 de xaneiro de 1999 (a circulación de billetes e moedas iniciouse o 1 de xaneiro de 2002). A participación no Euro obriga o país ao cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento, obrigando ao control das contas públicas e da inflacción, mais asegurando ao país niveis mínimos históricos da inflacción.

Actualmente a estrutura da economía baséase nos servizos e na industria, que representan o 67,8% e o 28,2% do VAB (Fonte: INE, 2004).

Moeda[editar | editar a fonte]

Desde o 1 de xaneiro de 2002 o Euro (EUR) sustituiu ao Escudo (PTE). A taxa de conversión é de 1 Euro = 200,482 Escudos.