Economía de Nicaragua
| Economía de Nicaragua | |
|---|---|
| Moeda | Córdoba |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SICA |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 17,34 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 132ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 2,8% (2010) |
| PIB per cápita | $ 2,900 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 17,6%, industria 26,5%, comercio e servizos 56% (2010) |
| Inflación | 4,7% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 48% (2005) |
| Total da forza de traballo | 2.343.000 (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 28%, industria 19%, comercio e servizos 53% (2010) |
| Desemprego | 8% (2010) |
| Industrias | procesamento de alimentos, produtos químicos, máquinas e produtos de metal, roupas de lá, refino e distribución de petróleo, bebidas, calzados, madeira |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 3 182 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | café, carne, camarón e lagosta, tabaco, azucre, ouro, cacahuete; textis e roupas |
| Principais mercados | Estados Unidos 61,98%, El Salvador 7,74%, Costa Rica 3,67% (2009) |
| Importacións | 4 700 millóns (2010) |
| Principais produtos importados | bens de consumo, máquinas e equipamentos, materias primas, derivados de petróleo |
| Principais mercados | Estados Unidos 22,63%, Venezuela 12,27%, México 9,05%, Costa Rica 8,66%, República Popular de China 7,16%, Guatemala 6,59%, El Salvador 5,63% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 4,03 mil millóns (2010) |
| Receitas | 1 421 millóns |
| Despesas | 1 511 millóns |
Nicaragua, o país máis pobre da América Central e o segundo máis pobre do hemisferio, ha subemprego e pobreza diseminados. O acordo de libre comercio entre os Estados Unidos e a América Central está en vigor desde 2006 e ampliou as posibilidades de exportación para moitos produtos agrícolas e manufacturados.[1]
Os téxtiles e o vestiario responden por case 60% das exportacións nicaraguanas, pero os aumentos do salario mínimo durante o goberno Daniel Ortega deberán reducir esta vantaxe comparativa da industria. Ortega promoveu a creación de empreendimentos binacionais administrados polas empresas petrolíferas estatais da Nicaragua e Venezuela. Estas iniciativas, xunto co débil sistema legal, poderán prexudicar o clima para investimentos de empresas locais e estranxeiras nun futuro próximo.[1]
A súa economía é basada na agricultura (maioritariamente café, algodón, banana). Contén reservas minerais de ouro, cobre, prata e chumbo, ningún deles de relevante importancia. As principais industrias sitúanse na costa occidental.
É un dos países máis pobres do Hemisferio Occidental, e súa distribución de renda é unha das peores do planeta.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 The World Factbook. Consultado o 24 de abril de 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html