Córdoba (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Córdoba nicaraguano ou córdoba de ouro (C$) é a unidade monetaria de curso legal en Nicaragua dividida en 100 centavos. O seu código ISO 4217 é NIO. A súa circulación é controlada polo Banco Central de Nicaragua.

Historia[editar | editar a fonte]

O córdoba foi introducido o 20 de marzal de 1912. Promulgada a Lei de Conversión Monetaria, os Billetes do Tesouro foron trocados gradualmente pola nova moeda que tiña un tipo de cambio de paridade de 5 córdobas = 1 libra esterlina. O 13 de novembro de 1931, o córdoba comezou a cotizarse a un tipo de paridade de 1.10 córdobas = 1 dólar estadounidense. Logo de sucesivas devaluacións, o córdoba comezou a cotizarse a un tipo de paridade estábel de 7 córdobas = 1 dólar estadounidense entre 1946 e abril de 1979.

O córdoba foi chamado así na lembranza do segundo apelido do conquistador español, natural de Córdoba, Capitán Francisco Hernández de Córdoba, fundador das cidades de Santiago de Granada e de León Santiago dos Cabaleiros, capital da nacente Provincia de Nicaragua.

No 1987, o goberno introduciu o novo córdoba (ou formalmente chamado córdoba revaluado) con valor de 1.000 antigos córdobas. Nicaragua abre a década do 90 baixo a Administración Presidencial de Dona Violeta Barrios de Chamorro, e o Plan do Goberno de Salvación NAcional dentro da estabilización e axuste estrutural, inclúe a emisión do córdoba ouro (formalmente chamado córdoba) que a partir do 13 de agosto de 1990, pasa a converterse nun novo medio circulante, expresado na mesma moeda córdoba, co paridade ao dólar estadounidense.

Moedas[editar | editar a fonte]

  • 5 córdobas
  • 2 córdobas
  • 1 córdoba
  • 50 centavos
  • 25 centavos
  • 10 centavos
  • 5 centavos

Billetes[editar | editar a fonte]

  • 500 córdobas
  • 100 córdobas
  • 50 córdobas
  • 20 córdobas
  • 10 córdobas

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Córdoba