Economía de Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Eslovaquia
Moeda Euro, dende o 1 de xaneiro de 2009
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 115,3 mil millóns (2009)
PIB (posición) 61ª no mundo
% de crecemento PIB -4,9% (2009)
PIB per cápita US$ 21.100 (2009)
PIB por sector agricultura 7,8%, industria 79,6%, comercio e servizos 12,6% (2009)
Inflación anual 1,6% (2009)
Poboación abaixo da liña da pobreza 21% (2002)
Total da forza de traballo 2 641 000 (2009)
% traballadores por sector agricultura 4%, industria 39%, comercio e servizos 56,9% (2008)
Desemprego 11,8% (2009)
Principais industrias metais e produtos de metal, alimentos e bebidas, electricidade, gas natural, coque, petróleo, combustíbel nuclear, produtos químicos e fibras artificiais, máquinas, papel e impresos, cerámica, vehículos de transporte, téxtiles, aparellos ópticos e eléctricos, produtos de caucho
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 45,05 mil millóns f.o.b. (2009)
Principais produtos exportados vehículos, máquinas e equipamentos eléctricos, metais, produtos químicos e minerais, plástico
Principais mercados Alemaña 20%, República Checa 13,1%, Francia 6,7%, Polonia 6,6%, Hungría 6,3%, Austria 5,9%, Italia 5,8%, Reino Unido 4,7% (2008) [1]
Importacións (US$) 46,47 mil millóns (2009)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, bens manufacturados intermediarios, combustibles, produtos químicos, manufacturados diversos,
Principais parceiros Alemaña 20%, República Checa 17,8%, Rusia 10,6%, Hungría 6,9%, Corea do Sur 5,2%, Austria 5%, Polonia 4,9%, República Popular de China 4,2% (2008)
Finanzas públicas [1]
Débeda externa US$ 52,53 mil millóns (2008)
Receitas (US$) 28,31 mil millóns
Despesas (US$) 32,94 mil millóns (2009)
Axuda económica recibida (US$) 235 millóns (2004)

A Eslovaquia enfrontou moitas dificultades na transición dunha economía socialista para a economía de mercado. O goberno do primeiro ministro Mikuláš Dzurinda fixo grandes progresos entre os anos 2001 ata 2004 na estabilidade macroeconómica e nas reformas estruturais. Grandes privatizacións están case completas, o sector bancario está case todo en máns estranxeiras, e o goberno axudou o crecemento das inversións estranxeiras, liberalizando o mercado. Foron realizadas reformas nos impostos e nos sectores de saúde, pensións, e no sistema de seguridade social, que axudaron o país a consolidar o seu orzamento e atender os requisitos para adopción do Euro, o que aconteceu o 1 de xaneiro de 2009[1].

[editar] Integración na zona euro

Os progresos económicos de Eslovaquia desde a súa creación en 1993 foron considerables, cando este país separouse da República Checa, moitos escépticos vían moi complicada a súa supervivencia económica. A República Checa tiña unha posición inicial máis preparada ao acoller a industrias principais existentes na antiga Checoslovaquia e ademais o seu tamaño era o dobre que Eslovaquia, en términos de territorio e de poboación.

Os primeiros anos da independencia eslovaca foron bastante caóticos, entre 1993 e 1998 caracterizouse por ser unha época de grandes privatizacións e de creación dunha clase empresarial nacional, que terminou cunha grave crise bancaria, cuxa resolución tivo un alto custo para as arcas do país.

A partir de 1998 instauráronse medidas de control do gasto público e políticas de atracción ao investimento estranxeiro mediante estímulos que comprendían medidas fiscais, que no ámbito dos ingresos supuxo a introdución dun tipo único de imposto dun 19% que aumentou o incentivo para facer negocios e diminuíu a evasión fiscal. O novo sistema fiscal chegou a ser moi atractivo para inversores estranxeiros, un dos máis favorables en toda Europa. Tamén se estableceron políticas laborais máis favorables aos empregadores, axudas directa aos inversores, ao que se engadía a existencia dunha man de obra cualificada e barata. Con todas estas medidas, Eslovaquia converteuse nun destino moi atractivo para inversores estranxeiros, ata se lle outorgou en 2006 o título «tigre económico de Europa Central».

A adhesión á Unión Europea produciuse o 1 de maio de 2004, xunto con outros nove países (República Checa, Polonia, Hungría, Eslovenia, Estonia, Lituania e Letonia, Malta e Chipre. Desde a súa incorporación, Eslovaquia foi un dos países da zona que maior auxe experimentou, durante a primeira década do século XXI, en 2007 Eslovaquia foi o segundo país da Unión Europea, só por detrás de Letonia, cuxa economía tivo un maior crecemento. Nos seus anos de pertenza á Unión Europea, Eslovaquia realizou esforzos para constituírse como participante da zona euro, co cumprimento dos criterios de acceso á zona euro e a súa definitiva incorporación ao Euro en 2009[2].

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas