Economía da República Checa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Economía de Chequia | ||
|---|---|---|
| Moeda | coroa checa | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE | |
| Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
| PIB | US$ 225,5 mil millóns (2006) | |
| PIB (posición) | 39ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 6,4% (2006) | |
| PIB per cápita | US$ 22 000 (2006) | |
| PIB por sector | agricultura 2,7%, industria 39,1%, comercio e servizos 58,2% (2006) | |
| Inflación anual | 2,5% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non disponíbel | |
| Total da forza de traballo | 5 334 000 | |
| % traballadores por sector | agricultura 4,1%, industria 37,6%, comercio e servizos 58,3% (2003) | |
| Desemprego | 8,4% (2006) | |
| Principais industrias | metalurxía, máquinas e equipamentos, vehículos a motor, vidro, armamentos | |
| Parcerías comerciais [1] | ||
| Exportacións (US$) | 95,12 mil millóns f.o.b. (2006) | |
| Principais productos exportados | máquinas e equipamentos de transporte 52%, produtos químicos 5%, matérias primas e combustíbel 9% (2003) | |
| Principais mercados | Alemaña 31,9%, Eslovaquia 8,5%, Polonia 5,7%, Francia 5,6%, Austria 5,1%, Reino Unido 4,8%, Italia 4,6% (2006) | |
| Importacións (US$) | 92,14 mil millóns (2006) | |
| Principais productos importados | máquinas e equipamentos de transporte 46%, combustíbeis e matérias primas 15%, productos químicos 10% | |
| Principais parceiros | Alemaña 32 %, Países Baixos 6,5 %, Eslovaquia 6,1 %, Polonia 6,1 %, Rusia 5,7 %, Austria 4,9 %, Italia 4,4 %, Francia 4,4% (2006) | |
| Finanzas públicas [2] | ||
| Débeda externa | US$ 55,47 mil millóns (2006) | |
| Receitas (US$) | 56,31 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 62,57 mil millóns (2006) | |
| Axuda económica recebida (US$) | 278,7 millóns (da Unión Europea) | |
A economía da República Checa está baseada en industrias siderúrxicas, de automóbiles, bebidas e cristais (o coñecido cristal de Bohemia). O país mantén unha agricultura baseada na produción de trigo para a exportación.
Tralo abandono da economía socialista, a comezos dos 1990, como outros países do seu entorno, Chequia comezou a ter unha maior inversión extranxeira en bens de consumo. As reestruturacións das industrias pesadas remataron en tan só unha década co sector terciario como o maioritario (59%).
As principais industrias son as do tratamento do aceiro, o ferro e de construción de maquinaria que están a pasar un custoso proceso de modernización. As exportacións trocaron nos últimos quince anos de Europa oriental cara as economías tradicionalmente de mercado de Europa occidental. Trala crise de 1997 provocada por un importante aumento do déficit por conta corrente e déficit público; nos anos 2000 e 2001, o crecemento arredor do 10% levou ó país a ingresar na Unión Europea cunha boa carta de presentación.
As reformas aínda están lonxe de finalizar, estando pendentes a transformación do sector inmobiliario, a privatización do sistema de saúde e do sector bancario e cuestións de tipo medioambiental.
Os maiores vendedores de créditos son Alemaña, Holanda e Estados Unidos. Os maiores socios comerciais son Alemaña e Eslovaquia.
A República Checa ingresou na Unión Europea o 1 de maio de 2004 e adoptará o Euro no 2012[1].

