Eberardo de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEberardo de Friúl

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento805 ↔ 810 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 866 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Reino longobardo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCysoing Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de decembro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of the March of Friulia (en) Traducir (836–866) Editar o valor em Wikidata
FamiliaUnruochings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeXisela
FillosBerengario I de Italia, Adelardo (en) Traducir, Hatwige von Friaul (en) Traducir, Heilwise of Friuli (en) Traducir, Unroch III de Friúl, Ingeltrud (en) Traducir, Judith von Friaul (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisUnruoch II of Friuli (en) Traducir e Berenguer de Tolosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ingeltrud (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBerenguer de Tolosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Friuli-40

Eberardo (ou Evrardo), dito o Santo, nado en 820 e finado o 16 de decembro de 866, foi marqués de Friúl. Naceu durante o reinado de Carlomagno e morreu baixo Lois o Piadoso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Era fillo de Unroch de Friúl e de Engeltruda de París, filla de Bigón de París e irmán de Berenguer o Sabio.

Educación[editar | editar a fonte]

Recibiu educación na Escola Palatina fundada por Carlomagno e dirixida por Alcuíno, onde estudou os temarios medievais coñecidos como trivium e quadrivium. Alí naceu o seu interese pola ciencia e as letras e, ao mesmo tempo, desenvolveu a súa famosa piedade.

Non hai dúbida de que foi estando na Escola Palatina, cando Eberardo comezou a construír unha gran biblioteca que organizou con gran coidado e vontade.

Feitos notábeis[editar | editar a fonte]

Cando a súa idade lle permitiu levar armas, participou en numerosas expedicións militares. Defendeu o seu país contra a invasión dos búlgaros e expulsounos completamente da Península (825 - 830). En recompensa polos seus servizos, no ano 836 o emperador Lois o Piadoso concedeulle o maior honor posíbel: a man da súa filla, a princesa Xisela, en matrimonio. Entre os ricos dominios do dote da princesa, estaba o Pago de Cysoing, preto de Lille. Pareceulles un lugar agradábel e convertérono nunha das súas residencias habituais.

Eberardo e Xisela decidiron fundar un mosteiro en Cysoing. O proxecto foi longo e difícil e non estaba completo cando morreron os impulsores da súa creación. O mosteiro foi inicialmente consagrado ao Santo Salvador e María (nai de Xesús). Os monxes vivían en comunidade seguindo os preceptos canónicos e con todo o rigor do claustro. A súa principal función era cantar solemnemente na igrexa. Sábese que Eberardo gozaba cantando xunto co coro.

Durante os anos tráxicos (830 - 839), cando o emperador sufrira nas mans do seu propio fillo unha rebelión, o conde Eberardo permaneceu totalmente fiel.

Usou a súa influencia sobre Lotario (o fillo máis vello do Emperador) para atopar o xeito de que o pai e o fillo se reconciliasen. Durante o Concilio de 839, Lotario arrastrouse implorando perdón ao seu pai.

A actividade de Eberardo non se limitou ao Pago de Cysoing, tamén participou libremente nos asuntos doutros territorios e do imperio en xeral. O emperador Lois o Piadoso morreu en 840 e a guerra, unha guerra cruel e desapiadada, estalou entre o emperador Lotario I e os seus dous irmáns, Lois o Xermánico e Carlos o Calvo.

Eberardo lamentou esta loita fratricida e esforzouse por detela. Logo da sanguenta batalla de Fontenay, o 25 de xuño de 841, conduciu o embaixador de Lotario onda os seus irmáns para levar a cabo as negociacións de paz. A conferencia tivo lugar en Milin, preto de Châlons na Champaña. Decidiuse dividir o Imperio entre os tres irmáns. Os negociadores, entre os que se atopaba Eberard, encargáronse de facer unha partición xusta e equitativa. Non foi antes de agosto de 843 cando se presentou o informe aos tres reis en Verdún. As negociacións terminaron e restaurouse a paz entre os tres irmáns.

Despois de que a guerra terminase e se asinase o tratado de paz, Eberardo marchou con urxencia a Italia, que naquel momento estaba baixo a ameaza dos sarracenos. Estes sarracenos foran chamados no 842 polo duque de Benevento. Supoñían unha ameaza e mesmo chegaron a saquear Roma en varias ocasións. Entón Eberardo, como duque de Friúl, erixiuse como líder de resistencia. A guerra durou ata que terminou o ano 851 coa derrota final dos sarracenos. Este feito supúxolle unha gran reputación como soldado e como líder.

No ano 858 foi enviado a Ulm como embaixador de Lois o Mozo, fillo de Lotario, para estar co seu tío, Lois o Xermánico.

Desde entón non hai máis información sobre el ata o seu Testemuño. Un documento onde se fala sobre a vida de Eberardo e onde está o seu testamento. O Testemuño foi escrito en Italia, no castelo de Musiestro, no Condado de Treviso, no ano 867 .

Eberardo morreu a finais dese ano (16 de decembro).

Herdanza[editar | editar a fonte]

De acordo coa súa esposa, a princesa Xisela, Eberardo repartiu as súas posesións entre os seus descendentes vivos. O documento establece un repartimento igual das xoias e dos adornos, os obxectos valiosos da súa capela e os libros da súa biblioteca.

O fillo máis vello, Unroch, recibiu todas as propiedades da Lombardía e Xermania. O segundo, Berenguer, recibiu Annappes cos seus dominios excepto Gruson e as propiedades en Hesbaye e Condrost. O terceiro, Adalardo, recibiu Cysoing, Camphin, Gruson e Somain, con todos os cargos e títulos de Abadía na rexión. O cuarto, Raúl ou Rodolfo, recibiu Vitry-en-Artois e Mestucha, excepto a igrexa de Vitry que foi cedida á abadía de Cysoing.

Ás súas tres fillas, Ingletruda, Judit e Heilwida, deulles outros dominios: Ermen, Marshem, Balghingham, Heliwsheim, Hostrenheim, Luisinga, Wendossa e Engerresteim.

Eberardo tivo tres fillos máis, Eberardo, Alpais e Xisela. Os dous primeiros morreron moi novos, mentres que Xisela non herdou xa que morreu antes de que o seu pai organizase a distribución dos seus bens e propiedades.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou en 836 coa princesa Xisela, a filla do emperador Lois o Piadoso e, xuntos, tiveron dez fillos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Theuws, Frans (2000). Rituals of Power: From Late Antiquity to the Early Middle Ages,503 pages/page 225,Christina La Rocca and Luigi Provero, THE DEAD AND THEIR GIFTS: THE WILL OF EBERHARD, COUNT OF FRIULI, AND HIS WIFE GISELA, DAUGHTER OF LOUIS THE PIOUS. Brill. 
  • Morby, John (1989). Dynasties of the World: a chronological and genealogical handbook. Oxford University Press. 
  • Louda, Jirí; MacLagan, Michael (1999). Lines of Succession: Heraldry of the Royal Families of Europe, 2nd edition. Little, Brown and Company.