Breakdance
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde abril de 2012.) |
O 'breakdance, máis coñecido por bboying polos seus practicantes, e un estilo de baile urbano que forma parte da cultura hip-hop que xurdiu a redor da década dos 70 nos barrios marxinais da cidade de New York, Estado Unidos. Ten a súa orixe nunha disciplina de baile moito anterior, o uprock, que consiste en imitar unha batalla, simulada, sen poder tocar ó rival. A partir de este baile que se bailaba de pé, diversos bailaríns como Apache ou Easy-Rock, comezaron a levar o baile cara ao chan, facendo pasos moi básicos.
O DJ neoiorquino Kool Herc, que emigrou a Jamaica na busca de inspiración musical, comezou a facer festas en apartamentos abandonados onde pinchaba a súa propia música para que axenta bailara e o pasara ben, comezou a ver que certas partes das cancións gustaban moito máis á xente e empezou a reproducilas constantemente. Como eses ritmos eran moi fortes e rápidos os 'bboys' (Con este nome se coñece os bailaríns da disciplina) bailaban sen parar creando enfrontamentos, por iso o bboying é un baile de batalla e as competición deste estilo se fan na súa maioría nesa modalidade. Existe bastante controversia acerca da orixe do nome. Pero nun documental feito na década dos 80, o DJ neoiorquino 'Kool Herc' afirmou que o termo ven da palabra break boy, break significa 'romper', e cando el vía ós mozos bailar e facer os pasos máis complicados loitando por deixar claro quen era o mellor, dicía que 'os nenos o rompían' e de ahí sae o nome. Nun principio usábase música funk, coma James Brown e outros estilos nos que predominaba a percusións, de bongos e baterías, xa que isto inspiraba moita enerxía para facer movementos rápidos e dinámicos.
Algúns grupos como Starchild La Rock foron pioneiros en desenvolver o estilo do floorwork, unha das disciplinas do baile, que consiste en pasos con pernas, mans e lombo tocando co chan e outros coma Air Force, nos powermoves, outra 'categoría' da disciplina que consiste en movementos técnicos do estilo da ximnasia ou a capoeira. O bboying ten influencias de moitos outros bailes, coma por exemplo a capoeira, o charleston, a salsa e outros bailes latinos. New York City Breakers e Rock Steady Crew foron os grupos que tiveron máis repercusión no mundo do breakdance, xa que protagonizaron películas coma Wild Style ou Beat Street, grazas ás cales o baile se estendeu a outros continentes coma Europa e Asia, facendo así que crecera o interese e a aceptación do bboying e da cultura Hip-Hop. Así comezou a estenderse e a evolucionar, mesturándose coa cultura de cada lugar, o que contribuíu a que cada zona do planeta desenvolvese o seu estilo, deixándose influenciar polos bailes propios ou doutras disciplinas.
Neste baile é primordial preservar a orixinalidade, o estilo propio e a musicalidade, a xente que copia a outros bboys non é respectada polos demais, está moi mal visto.