Despotismo hidráulico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Modo de produción asiático»)
Mapa do Antigo Exipto, arredor do río Nilo.

O despotismo hidráulico é un termo para un despotismo mantido a través do control dun recurso único e necesario. Foi creado polo teórico alemán Karl A. Wittfogel na súa obra Despotismo oriental en 1957. Na súa forma orixinal, controlaba literalmente a auga. No antigo Exipto e na Babilonia, e por extensión Wittfogel agregaba a Unión Soviética e a República Popular Chinesa, o goberno controlaba as canles de irrigación. As persoas leais recibían unha abondosa cantidade de auga para os seus cultivos, mentres que os menos leais recibían moi pouca ou ningunha e, polo tanto, os seus cultivos estragábanse.

Se o uso deste termo pode ser usado para un (case) monopolio, en forma algo máis esotérica, por exemplo na tecnoloxía, é discutido.

Modo de produción asiático[editar | editar a fonte]

O concepto de despotismo oriental xa fora exposto por Karl Marx no seu caderno Formacións económicas precapitalistas (1858), "resultado de 15 anos de investigacións", no cal establece as formas históricas diversas mediante as cales, a propiedade comunal orixinal humana, na cal non hai propiedade privada da terra, pasou ata a propiedade privada do chan e finalmente ata a separación entre o produtor e a terra, distinguindo da forma antiga romana e da xermánica, unha forma asiática orixinal.

Para Marx a comunidade mesma representa a primeira gran forza produtiva. As condicións obxectivas impuxeron a unidade das comunidades para empresas comúns como as canalizacións de auga, as vías de comunicación e intercambio ou a guerra para asegurar un territorio para a subsistencia. Esta unidade na medida na que se perpetuou fíxose indispensable, apareceu distinta e por riba das moitas comunidades, converténdose como tal no verdadeiro propietario de todo. A unidade suprema rematou encarnada no déspota (faraón, emperador, tsar, inca, rei), gran pai de numerosas comunidades, ao que se liga dunha ou outro xeito á divindade. Entón a unidade suprema sistematiza a apropiación do plusproduto, que toma a forma de tributo ou de traballos colectivos para o déspota e a elite.

Este sistema chegou á súa "perfección" e expansión instaurado por centros soberanos tras sucesivas guerras e conquistas, tanto en Asia, como no antigo Exipto, México ou o Perú. John V. Murra (1955) estudou a organización económica do estado Inca, como un caso desenvolvido e eficiente de despotismo comunal, anotando non soamente a relación coas formas asiáticas, senón coas economías e estruturas de poder africanas ashanti, ruanda, dahomey ou yoruba e aínda coas hawaianas. Destaca por exemplo o descubrimento do parecido entre a dopkwe dahomeiana e a mita incaica (aproveitada logo polos conquistadores españois).

Maurice Godelier (1966), Jean Chesneaux (1969) e Roger Bartra, encargáronse de sistematizar os estudos de caso e a teoría respecto diso, dentro do concepto de modo de produción asiático, que para universalizar algúns chamaron despotismo comunal. Hermes Tovar (1974) a partir do estudo da sociedade muisca desenvolveu para determinadas formacións sociais indíxenas americanas o concepto de modo de produción precolombiano.

Sistematizadamente, este sistema económico, contemporáneo do escravismo europeo, consistía en que un pobo tiña que entregar un pago ou tributo ao seu soberano ou a un pobo conquistador, tributo que era comunmente bens agrícolas, e nalgúns casos menos comúns, materiais de construción.

O traballo e a responsabilidade eran colectivos. O labor facíase nas terras comunais, xa que a comunidade como un todo era a que entregaba o tributo.

Nos casos no que se trataba dunha conquista, o pobo vencedor non desposuía á poboación vencida do seu territorio, e os vencidos conservaban as súas mesmas tradicións, trazos e costumes.

Na ficción[editar | editar a fonte]

A novela Dune de Frank Herbert establece un universo centrado nun despotismo hidráulico: a especia melange, esencial para, entre outras cousas, as viaxes espaciais. Dise que "quen controla a especia controla o universo".

Na película Total Recall, o aire en Marte é controlado por unha autoridade central, a cal actúa como unha déspota hidráulica.

Na popular saga de videoxogos de rol de Squaresoft Final Fantasy, máis concretamente en Final Fantasy 7, o mundo é gobernado por unha corporación que controla a economía e destrúe o planeta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bartra, Roger, ed. (1969). El Modo de producción asiático : antología de textos sobre problemas de la historia de los países coloniales (en castelán). México: Era. 
  • Bartra, Roger (1975). Marxismo y sociedades antiguas : el modo de producción asiático y el México prehispánico (en castelán). Grijalbo. 
  • Chesneaux, Jean (1969). El modo de producción asiático (en castelán). Grijalbo. 
  • Godelier, Maurice (1969). Las sociedades primitivas y el nacimiento de las sociedades de clases según Marx y Engels: un balance crítico (en castelán). Oveja Negra. 
  • Godelier, Maurice (decembro 1987). "Introducción: análisis de los procesos de transición" (PDF). Revista internacional de Ciencias Sociales (en castelán) (114): 5–16. ISSN 0379-0762. 
  • Marx, Karl (2004). Formaciones económicas precapitalistas. Eric Hobsbawm, pr. Siglo XXI. ISBN 9789682315619. 
  • Murra, John V. (2007). La organización económica del Estado inca. Daniel R. Wagner, tr. (7ª. ed.). Siglo XXI. 
  • Plá, Alberto J. 1979: Modo de producción asiático y las formaciones económico-sociales inca y azteca. Ediciones El Caballito, México.
  • Tovar, Hermes (1974). Notas sobre el modo de produccion precolombino (en castelán). Bogotá: Aquelarre. 
  • Tovar, Hermes (1990). Formaciones Sociales Prehispánicas (en castelán) (2ª ed.). Bogotá: el Búho. 
  • Ruiz Rodríguez, Arturo (1978). "Elementos para un análisis de la fase asiática de transición". Primeras sociedades de clase y modo de producción asiatico (en castelán). Akal. pp. 9–39. ISBN 84-7339-411-9. 
  • Ruiz Rodríguez, Arturo e outros 1979: Primeras sociedades de clase y modo de producción asiático. Akal, Madrid. ISBN 84-7339-411-9
  • Wittfogel, Karl A. 1957: Oriental Despotism, New Haven, Yale University Press.