Deolinda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deolinda é un grupo de música popular portuguesa (MPP), inspirado no fado e nas súas orixes tradicionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O proxecto musical xurdiu en 2006, cando os irmáns Pedro da Silva Martins e Luís José Martins (ex-Bicho de 7 Cabeças) convidaron a súa curmá, Ana Bacalhau, entón vocalista dos Lupanar, para cantar catro cancións que escribiran. Entón, decatáronse de que a voz de Ana se adecuaba á perfección ás rimas e melodías que crearan, e convidaron tamén a José Pedro Leitão, contrabaixista dos Lupanar (actual marido de Ana Bacalhau), para se xuntar a eles tres, nacendo así os Deolinda.

O tema "Contado Ninguém Acredita" foi incluído na compilación Novos Talentos de 2007, lanzado por FNAC.

O 21 de abril de 2008 [1], lanzaron o primeiro disco, Canção ao Lado. Desde entón, a finais de outubro de 2008, chegaron á súa posición máis alta, o 3º lugar do Top Oficial da AFP,[2] a táboa semanal dos 30 álbums máis vendidos en Portugal.

En outubro de 2008 [3], o disco Canção ao Lado acadou o "disco de ouro". En decembro de 2008 [1], acadou o "disco de platino"[4] e durante o ano 2009, acadou o galardón de dobre-platino, correspondente á venda de máis de 40 mil unidades.[5]

O 2 de marzo de 2009, a editora World Connection lanzou o disco Canção ao Lado ao mercado europeo. En abril de 2009, entrou directamente no 8º lugar da táboa de vendas discográficas World Music Charts Europe[6] e en maio subiu ao 4º lugar desa mesma táboa.

En abril de 2009, o grupo iniciou a súa primeira xira europea. Actuaron en diversos países, entre eles os Países Baixos, Alemaña e Suíza, regresando a Portugal para diversos concertos en cidades como Porto, Braga e Barcelos.[Cómpre referencia]

O álbum Canção ao Lado ficou en 10º lugar nas preferencias dos ouvintes da radio Antena 3, nunha votación levada a cabo en abril de 2009, na cal se preguntaba cal sería o mellor álbum de música portuguesa editado entre 1994 e 2009, tendo como base unha lista de 100 álbums lanzados nese período.[7]

O 23 de abril de 2010 a banda estreou un novo álbum (Dois Selos e Um Carimbo) que tivo como single de presentación "Um Contra o Outro"[8]. Este álbum entrou directamente no nº 1 do top de vendas portugués e recibiu o galardón de platino en novembro de 2010.[9].

O tema "Parva que Sou", estreada nos catro concertos feitos nos Coliseos de Lisboa e Porto, en xaneiro de 2011, foi inmediatamente considerada un himno dunha xeración.[10] [11]

O 21 de novembro de 2011 estréase o seu primeiro DVD, Deolinda ao Vivo no Coliseu dos Recreios.

O 12 de maio de 2012, o diario británico The Times publica unha crítica ao concerto dos Deolinda en Londres onde os considera "unha das grandes bandas de Europa". [12]

O álbum Canção ao Lado é galardoado co cuádruplo disco de platin, correspondente a 80 000 unidades vendidas e o disco Dous Selos e Un Carimbo obtivo dous discos de platino (40 000 unidades) en novembro de 2012.

O 18 de marzo de 2013 lanzaron o terceiro álbum de orixinais Mundo Pequenino que na primeira semana de vendas se converteu en disco de ouro.[13]

En maio actúan nos coliseos de Lisboa e Porto , enchendo os recintos: "... caso raro que son os Deolinda: un grupo capaz de producir nos contextos máis intimistas e nos espazos máis amplos; un cuarteto suficientemente elástica e xeneroso para crecer ata as dez persoas en escenario sen perder a cara, unha banda, en fin, que nos gusta de ter por preto e que temos a sorte de chamar "nosa" ".[14]

O 25 de xullo de 2013 actuaron por primeira vez no Brasil, recibindo excelentes críticas da prensa brasileira.[15]

O blog brasileiro de música Pergunte ao Pop considerou o álbum "Mundo Pequenino" o mellor disco internacional de 2013 en decembro.[16]

En novembro de 2017 anunciaron un descanso indefinido.[17]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Ana Bacalhau (voz) (2006-actualidade)
  • Luís José Martins (guitarra clásica, ukelele, cavaquiño, guitalele, viola braguesa e voz) (2006-actualidade)
  • Pedro da Silva Martins (composición, letrista, guitarra clásica e voz) (2006-actualidade)
  • José Pedro Leitão (contrabaixo e voz) (2006-actualidade)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Canção ao Lado (2008) (CD, iPlay / World Connection)
  • Dois Selos e Um Carimbo (2010) (EMI Music Portugal)
  • Mundo Pequenino (2013)
  • Outras Histórias (Universal Music / Sons em trânsito) (2016)

Álbum en directo[editar | editar a fonte]

  • Deolinda ao Vivo no Coliseu dos Recreios (2011) (DVD, Sons em Trânsito)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Novos Talentos (2007) co tema "Contado Ninguém Acredita"
  • Feitiço de Amor - Banda Sonora (2008) co tema "Fado Toninho"
  • Fado Sempre! Ontem, Hoje e Amanhã! (2008) co tema "Fado Toninho"
  • Elas, as Melhores Vozes Femininas Portuguesas (2009) co tema "Clandestino"
  • Beginners Guide To Fado (2010) co tema "Clandestino"
  • Remédio Santo - Banda Sonora (2011) co tema "Passou Por Mim e Sorriu"
  • Sol de Inverno - Banda Sonora (2013) co tema "Seja Agora"
  • Cave de Nuno Markl (2016) coa presentación do novo álbum "Outras Histórias"

Premios[editar | editar a fonte]

En 2009, venceron na categoría de "Mellor Revelación do Ano" da XIV Gala dos Globos de Ouro portugueses o día 17 de maio.

Na mesma gala tamén estaban nomeados na categoría de "Mellor Grupo" (como un dos catro mellores grupos portugueses con discos lanzados en 2008).

"Canção ao Lado", o primeiro álbum dos Deolinda, foi considerado polo Sunday Times o terceiro mellor disco do ano de World Music.

"Ana Bacalhau e os seus compañeiros mesturan o sentimento do fado coa sensibilidade do pop, cos ollos postos no cotián lisboeta. As cancións son belísimas", pode lerse na edición do 6 de decembro da publicación británica.

Os Deolinda saíron nomeados como unha das revelacións do ano na revista Songlines[18]

Gañaron o premio "Best Newcomer", atribuído pola prestixiosa revista inglesa Songlines, en abril de 2010.

Tamén en 2010, o seu segundo álbum, "Dois Selos e Um Carimbo" foi considerado un dos 10 mellores álbums de World Music, polo Sunday Times e o Miami Herald aconsellouno como unha das 10 mellores compras da música latina.

O seu concerto en Nova York recibiu unha crítica positiva no prestixioso Huffington Post.

En maio de 2011, gañaron o Globo de Ouro na categoría de mellor grupo.

En novembro de 2011, recibiron o Premio Amália Rodrigues na categoría de "Música Popular".

En marzo de 2013, foron distinguidos co premio José Afonso polo disco Dois Selos e Um Carimbo.[19]

En maio de 2014, gañaron o 3º Globo de Ouro da súa carreira, na categoría de mellor grupo.[20]

En novembro de 2014, a Revista Blitz, na celebración dos seus 30 anos, elixiu o disco Canção ao Lado o cuarto mellor dos últimos 30 anos da música portuguesa.[21]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Deolinda (Portugal) e Lura (Cabo Verde) entram directamente para Top20 da World Music Charts Europe Acesso a 12 de Junho de 2010
  2. Associação Fonográfica Portuguesa [1] Arquivado 2011-12-23 en Wayback Machine.
  3. Deolinda esgotam Aula Magna Arquivado 19 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Acesso em 12 de Junho de 2010
  4. Associação Fonográfica Portuguesa (2010). "Discos de Ouro e Platina". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  5. "Deolinda, Deolinda ao vivo, Os Deolinda ao vivo, Concertos". Musica ao Vivo, Artistas, Grupos Musicais, Bandas (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. Consultado o 05 de decembro de 2018. 
  6. "Charts - World Music Charts Europe". www.wmce.de. Consultado o 2018-12-16. 
  7. "Ant3na: O Melhor Álbum Nacional 1994-2009". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  8. Deolinda estreiam Dois Selos e Um Carimbo Acesso em 12 de Junho de 2010
  9. Novo disco dos Deolinda entra directamente para o primeiro lugar do Top Nacional de Vendas Arquivado 09 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Acesso em 12 de Junho de 2010
  10. "Geração à Rasca" (en portugués). 2018-01-13. 
  11. Welle (www.dw.com), Deutsche. "Trilha sonora da crise: Deolinda | DW | 26.02.2013". DW.COM (en portugués). Consultado o 2018-12-16. 
  12. "BLITZ – Deolinda são uma das "grandes bandas da Europa", diz jornal The Times". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  13. "BLITZ – Deolinda: Mundo Pequenino é Disco de Ouro, álbum anterior recebe prémio José Afonso". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  14. "BLITZ – Deolinda ao vivo no Coliseu dos Recreios, Lisboa [texto e fotogaleria]". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  15. "BLITZ – Deolinda brilham no Brasil: veja aqui o que a imprensa disse do primeiro concerto". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  16. "BLITZ – Deolinda e Samuel Úria em lista brasileira dos melhores discos de 2013". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  17. "Deolinda anunciam pausa na carreira". newsletter.sonsemtransito.com. Consultado o 2018-12-16. 
  18. "Deolinda nomeados por revista britânica" (en portugués). 22 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  19. "Deolinda vencem prémio José Afonso". tvi24 (en portugués). 2013-03-19. Consultado o 2018-12-16. 
  20. "Deolinda recebem terceiro Globo de Ouro da sua carreira". Caras. Consultado o 2018-12-16. 
  21. "BLITZ – BLITZ 30 ANOS NAS BANCAS: UMA EDIÇÃO ESPECIAL PARA COLECIONAR". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]