Cavaquiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cavaquiño en exposición.

O cavaquiño, braguiña, braga, machete, machetiño ou machete-de-braga é un instrumento de corda, menor que a guitarra, de gran popularidade como acompañante e mesmo solista nas orquestras do pobo. O punto é dividido en 17 trastes; ten catro cordas de tripa ou de metal, afinadas normalmente en sol-sol-si-re, la-la-do#-mi, sol-si-re-mi, re-sol-si-re ou, máis raramente, en re-sol-si-mi (este máis utilizado por persoas que xa tocan viola e non queren ter que aprender outros acordes). O efecto aseméllase ao da mandolina ou ao da bandurriña.

O cavaquiño, segundo Gonçalo Sampaio, é procedente de Braga. Ten unha afinación propia da cidade de Braga que é re-la-si-mi. Alén de Portugal, é usado en Cabo Verde, Mozambique e Brasil.

No Brasil ese instrumento é usado nas congadas paulistas e forma historicamente o conxunto básico, xunto coa mandolina, a frauta e a guitarra. Waldir Azevedo é o máis coñecido músico de coro que tocaba ese instrumento. Considerado, aínda en vida deste, como o seu sucesor, o músico paulista Roberto Barbosa, máis coñecido por Canhotinho, é hoxe considerado unha das principais referencias no instrumento, por ter perfeccionado a técnica deixada por Waldir Azevedo. Canhotinho é, desde hai uns 40 anos, o arranxador do renomeado conxunto de samba Demônios da Garoa.

As illas do Hawai teñen un instrumento similar ao cavaquiño chamado ukulele, tamén con catro cordas e un formato semellante, que se xulga ser unha alteración do cavaquiño, traído por emigrantes portugueses en 1879.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Cavaquiño - Dicionário Cravo Albin da Música Popular Brasileira (en portugués)