Dado Prso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dado Pršo
Nome completo: Miladin Pršo
Alcume: '
Data de nacemento: 5 de novembro de 1974
Lugar de nacemento: Zadar, Croacia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Croata
Club actual: Rangers FC
Posición: Dianteiro Centro
Altura: 1,87 m metros
Partidos internacionais: 32 (con Croacia)
Goles: 9 (selección)
Ano do debut: 1991
Club do debut: NK Zadar
Ano do retiro:
Club do retiro:


Miladin "Dado" Pršo, nado o 5 de novembro de 1974 en Zadar, é un xogador de fútbol croata. O seu club en 2009 era o Rangers FC da Premier League Escocesa. É internacional polo seu país. Antes de dedicarse profesionalmente ó fútbol, traballaba coma mecánico en Croacia.

Nos últimos tempos ven tendo problemas cos seus xeonllos, o que dificulta as súas aparicións no once titular do cadro escocés. Debido a isto, está retirado do fútbol internacional.

Índice

[editar] Traxectoria

Dado Pršo debuta co NK Zadar no fútbol profesional, no ano 1991. Pouco despois marcha ó Hajduk Split e ó NK Pazinka sen causar un grande impacto.

En 1993 vaise a vivir a Francia, adicándose a outros traballos mentres xoga en clubs modestos coma distracción, coma o FC Rouen e o San Raphael.

En 1996 o Mónaco fíchao, e adícase a xogar no equipo de reservas. Foi cedido ao club italiano AC Ajaccio onde deu un moi bo rendemento o que fixo que á súa volta ao club francés en 1999 fora tomado máis en conta polos técnicos. Ese mesmo ano foi campión da Liga Francesa de Fútbol.

A mellor tempada de Prso no Mónaco foi a 2003-2004, cando se proclamaron subcampións da Liga de campións, perdendo na final contra o Porto FC. Durante as eliminatorias anotou catro goles na vitoria por 8-3 contra o Deportivo da Coruña.

[editar] Selección

Participou en dúas grandes competicións coa Selección croata: A Eurocopa de Fútbol 2004 en Portugal e o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.

En ámbalas dúas foi titular indiscutible, mais a escadra non foi quen de supera-la primeira rolda en ningunha ocasión. Na Eurocopa anotou un gol contra a Francia nun disputado empate a dous goles.

[editar] Clubs

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas