Désirée Nosbusch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Désirée Nosbusch
Nacemento Désirée Nosbusch
14 de xaneiro de 1965
Esch-sur-Alzette, Luxemburgo Luxemburgo
Profesión Actriz
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Désirée Nosbusch, nada o 14 de xaneiro de 1965 en Esch-sur-Alzette, é unha actriz e presentadora de televisión luxemburguesa.

Traxectoria [editar]

Ten ascendencia italiana por parte dun dos seus pais. Nos anos 1980 viviu en Manhattan e dende os 1990 até o 2008 viviu nos Ánxeles, California. Fala luxemburgués, alemán, francés, italiano e inglés. No ano 1984 presentou a Gala de Eurovisión en Luxemburgo.

Dende os inicios da súa traxectoria como actriz, participou en numerosas producións tanto alemás como francesas en cine e televisión.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]