RaboDirect PRO12
A Pro12 é unha liga profesional de rugby na que compiten 4 equipos de Éire, 2 de Escocia, 4 de Gales, e dende o 2010 tamén 2 de Italia. A liga foi creada en 2001 con 15 equipos (9 deles galeses), chegou a contar con 16 equipos, e actualmente conta con 12. A Pro12 é unha das tres grandes ligas profesionais de Europa, xunto coa Aviva Premiership inglesa e a francesa Top 14. Actualmente está en curso a tempada 2012/13.
Índice |
Características [editar]
Formato [editar]
Orixinalmente foi coñecida como Celtic League (irlandés: An tSraith Cheilteach) (galés: Y Gynghrair Geltaidd).
Ata a edición 2008-09 o campión de liga determinábase só polos encontros disputados en liga, segundo a clasificación da liga regular, mais dende a tempada 2009-10 está implantado o formato de play-off polo título, que disputan os 4 primeiros equipos da tempada regular. A final xógase no estadio elexido polo equipo finalista mellor clasificado na táboa.
A tempada da Pro12 ten lugar de setembro a maio, xogándose 22 xornadas en total a dúas voltas (cada equipo xoga contra outro na casa e fóra). Os partidos da Pro12 evitan os tradicionais partidos invernais de novembro e durante o Seis Nacións de rugby. As unións irlandesas, escocesas e galesas de rugby empregan esta liga coma a única competición que determina a clasificación para as competicións europeas (Heineken Cup e European Challenge Cup). Os dous equipos italianos van cada ano á Heineken Cup, e os que disputan a European Challenge Cup son os 4 primeiros da liga italiana Campionato de Eccellenza.
É importante salientar que os equipos da Pro12 gañaron en 5 ocasións a Heineken Cup, máxima competición continental, o que demostra a competitividade deste torneo a nivel internacional.
Ampliación [editar]
Durante anos mantivéronse conversas intermitentes con Italia e Sudáfrica sobre a posible expansión da liga a eses países. Unha Rainbow Cup que involucrase a equipos sudafricanos e italianos xunto cos célticos foi anunciada en 2005, mais tralos trocos nos membros da South African Rugby Union, a idea foi abandonada sen ter sequera comezado a competición.
O London Welsh expresou tamén no pasado o seu interese en unirse á liga se fose degradado en Inglaterra. Ademais a Scottish Rugby Union expresou en 2007 o seu interese en establecer un club escocés en Londres, que xogase coma o terceiro equipo escocés da liga.
O 19 de Decembro de 2008, a FIR anunciaba a presenza de dous equipos italianos na competición, o Aironi Rugby e o Praetorians Roma para o comezo da tempada 2010-11.
Os Praetorians terián a súa base en Roma e xogarián no Stadio Flaminio da capital italiana, onde xoga a seleción nacional, e o Aironi tería a súa base en Viadana mais xogariá algúns partidos na cidade de Reggio Emilia. Ó final o proxecto romano non se puido levar a cabo, e no seu sitio foi convidado o exitoso equipo do Benetton Treviso, que aceptou.
Denominacións [editar]
Equipos na tempada 2011–12 [editar]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Equipos en edicións anteriores [editar]
| Equipo | Anos | Estadio e capacidade | Cidade/Area |
|---|---|---|---|
| 2010-2012 | Stadio Luigi Zaffanella, 5.500 | Viadana, Italia | |
| 2002–2007 | Netherdale, 6.000 | Galashiels, Escocia | |
| 2003–2004 | Brewery Field, 6.000 e Sardis Road, 8.000 | Bridgend e Pontypridd, Gales | |
| 2001–2003 | Brewery Field, 6.000 | Bridgend, Gales | |
| 2001–2003 | Virginia Park, 0.000 | Caerphilly, Gales | |
| 2001–2003 | Cardiff Arms Park, 12.500 | Cardiff, Gales | |
| 2001–2003 | Eugene Cross Park, 8.000 | Ebbw Vale, Gales | |
| 2001–2003 | Stradey Park, 10.800 | Llanelli, Gales | |
| 2001–2003 | The Gnoll, 6.000 | Neath, Gales | |
| 2001–2003 | Rodney Parade, 11.676 | Newport, Gales | |
| 2001–2003 | Sardis Road, 7.800 | Pontypridd, Gales | |
| 2001–2003 | St.Helen's Park, 4.500 | Swansea, Gales |
Tempada actual [editar]
|
|
|||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 81 | 22 | 17 | 1 | 4 | 8 | 3 | ||||||||
| 2º | 78 | 22 | 17 | 0 | 5 | 9 | 1 | ||||||||
| 3º | 76 | 22 | 16 | 0 | 6 | 9 | 3 | ||||||||
| 4º | 66 | 22 | 15 | 0 | 7 | 3 | 3 | ||||||||
| 5º | 62 | 22 | 14 | 1 | 7 | 2 | 2 | ||||||||
| 6º | 54 | 22 | 11 | 1 | 10 | 4 | 4 | ||||||||
| 7º | 50 | 22 | 10 | 2 | 10 | 4 | 2 | ||||||||
| 8º | 38 | 22 | 8 | 1 | 13 | 1 | 3 | ||||||||
| 9º | 38 | 22 | 8 | 0 | 14 | 1 | 5 | ||||||||
| 10º | 36 | 22 | 7 | 0 | 15 | 1 | 7 | ||||||||
| 11º | 28 | 22 | 6 | 0 | 16 | 1 | 3 | ||||||||
| 12º | 10 | 22 | 0 | 0 | 22 | 1 | 9 | ||||||||
|
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
|||||||||||||||
Palmarés [editar]
Dende o nacemento do campionato a principal referencia son os equipos irlandeses de Munster e Leinster, e o equipo galés de Ospreys. Outros equipos que acadaron bos resultados son Scarlets, Ulster, Cardiff e Edinburgh, aínda que os equipos escoceses (e os italianos) polo xeral son mais febles que os irlandeses e galeses.
|
A Celtic Cup foi un torneo que tivo 2 anos de vida.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Por número de títulos
- Con 4 campionatos:
Ospreys - Con 3 campionatos:
Munster - Con 2 campionatos:
Leinster - Con 1 campionatos:
Scarlets e
Ulster
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||
|
||||||||