Luama, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luama
Illa San Vicente1.jpg
Illa de San Vicente.
Mapa Luama.PNG
Concello Ortigueira
Área 1,7 km²
Poboación 180 hab. (2004)
Densidade 105,88 hab./km²
Entidades de poboación 5

San Martiño de Luama é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada na punta que dá fronte ao extenso areal de Morouzos e á barra da entrada da Ría de Ortigueira. Linda polo norte e oeste con dito areal de Morouzos e coa ría, polo nordeste coas brañas da enseada de Ladrido, polo sur coa parroquia de Ortigueira, e polo leste coa parroquia de Luía.

A Illa de San Vicente situada na barra da entrada da ría, pertence a esta parroquia, que por outra banda non é recoñecida como tal a efectos eclesiásticos, quedando incluída na parroquia de Ortigueira. Dende o lugar da Carmona na estrada AC-862 parte outra estrada, chamada de circunvalación, que rodea a parroquia pola beira da ría até a rúa Curuxeira xa en Ortigueira.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 189 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Non tendo entidade como parroquia eclesiástica o seu patrimonio arquitectónico está reducido aos edificios que albergaron o Escolar de Ortigueira e o asilo Dolores Díaz Dávila, hoxe residencia de maiores.

O antigo Escolar foi construído a comezos de 1900, consta dun edificio central de dúas plantas destinado a vivendas dos mestres, e a ambos lados, dous edificios dunha planta, destinados o da esquerda a aulas femininas e o da dereita a masculinas. Na actualidade o lado esquerdo alberga a Biblioteca Municipal (incluido a sá de lectura que ocupa o primeiro andar) e o Arquivo Municipal; no lado dereito están as oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). O edificio que albergaba o vello asilo na estrada de circunvalación en Miñaño hoxe está reconvertido en residencia de maiores da Xunta de Galicia.

Na illa de San Vicente aínda hoxe se poden ver restos do que foi un convento, que segundo Federico Maciñeira, foi primeiramente templario e máis tarde franciscano, e estivo habitada até comezos do século XX, perdurando na memoria das xentes máis vellas de Ortigueira os seu últimos poboadores, os que a abandonan por esa época para asentarense na vila.

Conta tamén Luama cun importante patrimonio natural que identifica a Ortigueira e que vén a ser toda a contorna da coñecida praia de Morouzos, cun gran piñeiral ao pé dun extenso areal aberto ao norte. Neste lugar coñecido antigamente como San Martiño recuperouse hai pouco unha pequena lagoa e construíronse carreiros que cruzan o piñeiral e máis as dunas que o separan da praia, nunha paisaxe única que está incluída nas seguintes figuras de protección: Zona ZEPA, Zona Ramsar, Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, e zona IBA (Important Birds Area) da (SEO/BirdLife).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Luama[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Luama no concello coruñés de Ortigueira

Brandariz | Cabalar | A Carmona | O Casal | Cortiñadona | Figueiras | Os Gomes | Lagares | Os Loureiros | O Lugar de Arriba | Miñaño | Os Pardos | San Martiño | A Veiga | As Viñas

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]