Barbos, Ortigueira
| Barbos | |
|---|---|
| Vista coa ria e o xuncal | |
| Concello | Ortigueira |
| Área | 3,1 km² |
| Poboación | (Ano 2009) 108 hab. |
| Densidade | 34,8 hab./km² |
| Entidades de poboación | 27 |
San Xulián de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal.
Índice |
[editar] Poboación
Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 124 habitantes.
[editar] Xeografía
Barbos está situada ao sur da enseada de Ladrido nas abas dos montes de Pereira e Seoane. Os límites son: polo norte as brañas da enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Luía e polo leste a parroquia do Mosteiro. A estrada AC-682 atravesa a parroquia pola beiramar, o mesmo que fai o camiño de ferro de FEVE Ferrol-Oviedo, mais non ten apeadoiro.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial que se atopa no lugar da Rúa está construída en planta de cruz latina e ten campanario na fronte e un cemiterio adosado.
[editar] Galería de imaxes
-
Vista dende Barbos, coas marismas, a Illa de San Vicente e o cabo Ortegal ao fondo
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Barbos
| Lugares da parroquia de Barbos no concello coruñés de Ortigueira | |
|---|---|
|
O Ameneiral | O Augueiro | A Brea | O Cal | A Cancela | A Cruz | Ervilleiro | Estevo | Lobeiros | O Lombo de Abaixo | O Lombo de Arriba | O Outeiro | A Pardiñeira | Pé do Altar | A Pereira | Os Petañosl | A Rama | O Regueiro | O Río | A Rúa | Sobrado de Abaixo | Sobrado de Arriba | O Souto | A Torre | Valella | A Veiga | Vilabade |