As Neves, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Neves (homónimos).
As Neves
Igrexa das Neves.jpg
Igrexa de Nosa Señora das Neves
Concello Ortigueira
Área 20,68 km²
Poboación (Ano 2004) 123 hab.
Densidade 5,9 hab./km²
Entidades de poboación 26

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 123 habitantes (65 mulleres e 58 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 159 habitantes.

Índice

[editar] Xeografía

As Neves está situada no estremo sueste do concello, na vertente occidental da Serra da Faladoira, que acada nesta parroquia os 700 metros de altitude. Os límites da parroquia son: Polo norte e polo nordeste a parroquia de Devesos nos cumes de Tracela e Toxeiro, Muro do Vasco e A Panda; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón, polo sur linda coa parroquia do Freixo, e finalmente o regato San Pedro, afluente do Pulgueira sepáraa da parroquia de Insua e o regato de Santa Mariña, tamén afluente do Pulgueira, sepáraa da parroquia do Ermo polo oeste.

A estrada de Ortigueira-As Pontes, atravesa a parroquia no seu lado este, polos lugares do Muro do Vasco, Panda e Panda da Serra.

Percorren esta parroquia tres regatos de sueste a noroeste, o Rego dos Sapos, o Corvite e o San Pedro, que val abaixo dan lugar ao río Pulgueira.

[editar] Patrimonio

A igrexa parroquial das Neves é unha antiga ermida na honra de Nosa Señora das Neves, que foi ampliada cando se creou esta parroquia.

[editar] Lugares e parroquias

Localización da parroquia no concello de Ortigueira

[editar] Lugares das Neves

Lugares da parroquia das Neves no concello coruñés de Ortigueira

O Aciveiral | Os Caroceiros | O Casal | A Casavella | Caxigueira de Abaixo | Caxigueira de Arriba | Corvite | Ermida | Fracela | Freixido de Abaixo | Gonzalvo | Gosende | A Monteira | O Muíño | Muro do Vasco | A Panda da Serra | A Panda | O Penso | Portoseco | O Rego da Laxe | O Rego dos Sapos | A Riba | San Pedro Grande | San Pedro Pequeno | O Toxeiro | Vilariño

[editar] Parroquias de Ortigueira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas