Ortigueira, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ortigueira
Paseo Eusebio Dávila, Ortigueira.jpg
O Paseo do Cantón no centro da vila.
Mapa Ortigueira.PNG
Concello Ortigueira
Poboación 1.812 hab. (2004)
Entidades de poboación 1

Santa Marta de Ortigueira é unha parroquia do concello de Ortigueira, capital do concello.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.812 habitantes (951 mulleres e 861 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.810 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada na beira leste da ría do seu nome, no istmo dunha península formada polo Campo da Torre e a aba dos monte de Soborribas, Cancelo e Brandaliz. Linda polo norte coa parroquia de Luama, polo leste coa parroquia de Luía, polo oeste e sur limita coa ría do seu nome, e polo sueste coa parroquia de Cuíña.

Co paso do tempo a vila foi medrando ao longo da estrada AC-862 e na actualidade segue esa popular teima de abandono da antiga localización. Quedan algúns vestixios desta vella localización, no barrio do Ponto ao pé do Campo da Torre, que remataba na ribeira sur, hoxe convertida en peirao axardinado e porto deportivo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No cume do pequeno monte chamado Campo da Torre localízase un dos catorce castros que existían na contorna da ría de Ortigueira, e sobre el ergueuse arredor do século XII un castelo-fortaleza, que segundo unha relación de defensas do século XVIII, podía acoller preto de 800 soldados. No lugar que ocupaba a torre deste castelo constrúese un muíño de vento aló polo 1890, que na actualidade foi reconstruído na súa totalidade. Deste lugar só queda algún vestixio dun muro castrexo que arrodeaba un foxo de uns 100 metros de diámetro.

A igrexa parroquial dedicada a Santa Marta, forma parte do convento de San Domingos, que foi erguido no século XVIII sobre outro anterior do século XIV. Hoxe o conxunto conventual alberga a igrexa parroquial e as instalacións administrativas do concello arredor do claustro, ademais dun pequeno teatro. Do interior desta igrexa de planta de cruz latina, destacariamos o retablo do altar maior obra do mestre compostelán Juan Domínguez Estivada que combina diversos estilos como, barroco, neoclásico, rococó. No seu centro atopase a imaxe do San Domingos, fundador da orden que habitou estes conventos. Este mesmo retablista tamén foi o artífice doutro notable retablo da igrexa, o da Virxe do Rosario de estilo renacentista.

Ao irmos paseando polo claustro do convento, no que foran as bodegas e almacén da leña do convento, atopámonos cunha pequena marabilla restaurada no seu conxunto, é o Teatro de Beneficencia, punto de encontro da actividade cultural da vila.

No actual barrio do Ponto atopamos tamén o que foi un antigo hospital de peregrinos, o Hospital de San Roque, e tamén había outro na rúa Madalena, que era un dos camiños de acceso á vila. Se daquela estaban extramuros, hoxe un está dedicado a diversos servizos municipais, e do outro fica unha pequena capela na honra de Santa María Madalena.

Dous edificios tamén singulares que están moi ligados á vila son: o antigo asilo Dolores Díaz Dávila e o Grupo Escolar, que pertencen ámbolos dous á parroquia de Luama.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ortigueira no concello coruñés de Ortigueira

O Campo da Torre | A Lagarea | A Madalena | Ortigueira | A Penela | O Ponto | A Preguiza

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]