Conversa usuario:Xián

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Xián!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:13, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Cite as fontes[editar a fonte]

Xián, benvido á Galipedia.

Por favor, bótalle un ollo a: Wikipedia:Verificabilidade

Graciñas e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:34, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Si. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Fontes. --. HombreDHojalata.conversa 20:45, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Libro de estilo[editar a fonte]

Xián, segundo o Wikipedia:Libro de estilo que seguimos na Galipedia. "Ligazóns externas" é un subtítulo de "Véxase tamén".

Estás a facer bo traballo. A seguir. --. HombreDHojalata.conversa 23:40, 7 de marzo de 2012 (UTC)

Re: Dúbida lingüística[editar a fonte]

Ola Xián. Non sei se será de moita axuda, respodín á túa mensaxe en Wikipedia:A Taberna (axuda)#Dúbida lingüística. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:49, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Xián. Semella que o tema é moito máis grave que o asunto do artigo no nome do país. Moitas grazas por avisar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:57, 5 de abril de 2012 (UTC)

Xián, antes de marcar unha páxina con {{lixo}} hai que comprobar na "caixa de ferramentas": "Páxinas que ligan con esta" e modificar as ligazóns internas que fagan falta.

Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 18:55, 22 de maio de 2012 (UTC)

son proximo o artista e estou actualizando o articulo con moitos datos curriculares non incluidos.


por que eliminas o que voy facendo? so estou completando os datos das obras publicadas, aquí e no extranxeiro e puntualizando a cronoloxia que sei que he correcta.


o que teño son datos concretos e correctos das suas obras publicadas, non como os que estan no articulo actual os cales son vagos e inconexos. enton, e millor que o articulo sexa incorrecto? non teño mais interese que o de ver alguen que sigo axeitadamente representado, sabendo que non o esta agora mesmo. de calquera xeito "moitas grazas" por eliminar o traballo de redaccion en ligazon que fixen durante a maña de hoxe. moi amable.

Categoría: Familias reais de Hawai[editar a fonte]

Debería ser en plural, familias reais de Hawai, houbo varias casas reais en Hawai.--Xián (conversa) 16:51, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Tes razón, debería ser en plural. Deixeime guiar polo nome da categoría en castelán, que está en singular. Como podo facer para cambiar o nome da Categoría? ó non ser unha páxina normal deberíaa marcar como lixo e facer unha nova? Un saúdo e grazas pola achega. --chairego (si?) 0:40, 02 de xuño de 2012 (UTC)

Sinónimos de cinta (alga)[editar a fonte]

Ola Xián, volvín poñer os sinónimos de cinta (alga) no seu artigo, respectando a túa preferencia por cinta. Correa e Correola son nomes populares dados a esta alga, e non teñen por que desaparecer do texto, non che parece? No que respecta ao nome espaguete de mar, entendo a que o eliminases decindo que non se chama así en galego. Tes razón.

O que pasa é que aquí hai un problema práctico: ese foi o nome que escolleron as empresas comercializadoras galegas, Porto Muíños (http://www.portomuinos.com/) e Algamar (http://www.algamar.com/). Se te achegas a un supermercaado (un Gadis, por exemplo) poderás velo.

Realmente escolleron o nome espagueti de mar, coa forma castelanizada da palabra italiana spaguetti, xa que etiquetan as algas en castelán.

Ante este feito temos dúas opcións na galipedia: agochar a realidade e non mencionar o seu nome comercial, ou constatar a súa existencia galeguizándoo.

De optarmos pola primeira, estariamos agochando información útil aos lectores a mantenta. Para a segunda, a RAG admite a palabra espaguetes como tradución galega de spaghetti. Non é un nome marabilloso más é un mal menor, non cres?

P.S. tamén restitúo a páxina que eliminaches cunha páxina de redirección á que deixaches: Cinta (alga). Se non poden quedar ligazóns rotas doutras páxinas.

Saúdos cordiais --Baralloco (conversa) 09:00, 22 de setembro de 2012 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Xián! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:25 (UTC)[responder]

Iurii Antonov[editar a fonte]

Boas, o artigo Iurii Antonov, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2020 ás 12:13 (UTC)[responder]

Vehículo deportivo utilitario[editar a fonte]

Boas, o artigo Vehículo deportivo utilitario, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 6 de marzo de 2021 ás 19:34 (UTC)[responder]