Conversa usuario:UL mrsanmartin

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, UL mrsanmartin!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 6 de febreiro de 2013 ás 12:10 (UTC)[responder]

Outra benvida[editar a fonte]

Boas!, eu tamén che dou a benvida, e se precisas axuda con algún tema da Galipedia podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]

Ola UL mrsanmartin, bótalle un ollo ás pequenas correccións que lle fixen ao artigo, para facelo mellor para outra vez. Por outra banda, cando traduzas un artigo doutra wikipedia debes ter en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, se publícan baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desa licenza está o recoñecemento. Quere dicir que cando se traen contidos doutras wikis, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Galipedia adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

exemplo
exemplo


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Creo a partir de [[:es:¿Qué ocurrió entre mi padre y tu madre?]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}, aínda que isto non é necesario se se recoñece a autoría no resumo.


Cando crees un artigo, sexa unha tradución ou non, debes engadirlle os interwiki (ligazóns a outras wikipedia), para o que tés que ir ao artigo doutra wikipedia e premer en editar ligazóns, no idioma da wiki (por exemplo na inglesa sería edit links), iso lévate a Wikidata, aí vas ao fondo da páxina e engades a ligazón ao artigo en galego. Por exemplo para o artigo Avanti! (filme) vas ao artigo da wikipedia española e ao premer en editar los enlaces lévate á páxina onde tés que engadir a ligazón ao artigo en galego. Aquí tes un par de capturas de pantalla para que entendas mellor o proceso.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".


Ademais ten en conta que tes que citar de onde sacas a información, non vale dicir só que traduces de tal wikipedia. Xa que A Wikipedia non é unha fonte primaria. Tes máis información sobre isto último en Wikipedia:Citar as fontes e Wikipedia:Verificabilidade. Saúdos! --JaviP96 24 de abril de 2013 ás 14:18 (UTC)[responder]

Non repetir as ligazóns internas[editar a fonte]

Ola UL mrsanmartin.

Unhas pequenas indicacións de axuda á edición:

  1. Moitos parámetros do modelo de "cita libro" en castelán non funcionan na Galipedia ("año", "fecha" non son o mesmo en castelán e en galego). Cómpre empregar os parámetros propios do galego, que podes ver en {{Cita libro}}.
  2. Non é preciso que repitas as mesmas ligazóns internas. Se "compresor" ou "refrixerante" aparecen vinte veces no artigo abonda con que lle poñas ligazón interna a primeira vez. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.
  3. Á hora de subir fotos é recomendable facelo individualmente e sen bordos e non facendo mosaico. Iso dálles maior usabilidade en maior número de artigos. Xa se porán xuntas e con bordos nos artigos, se cómpre facelo.
  4. Procura non abusar do tamaño das imaxes nos artigos. Ten en consideración que non tódolos usuarios teñen a mesma resolución de pantalla. Mesmo os novos dispositivos (smartphones, tablets, notebooks, ultrabooks...) non teñen moita resolución. Amais, tódalas imaxes poden ampliarse premendo nelas, e así está indicado.
  5. Para un formato homoxéneo nos artigos, non fagas dobre interliñado. Non deixes máis dunha liña en branco.

Máis nada de momento. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2014 ás 21:29 (UTC)[responder]

Wikimaratón no MUNCYT[editar a fonte]

Por se vos interesa, o 13 e 14 de decembro organízase Wikipedia:Wikimaratón Científico 2014. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2014 ás 13:02 (UTC)[responder]

Wikipedia:Proxectos pedagóxicos[editar a fonte]

Boas, vin que andabas fedellando por aí :) e agora lembreime de que o ano pasado comezamos cun proxecto novo, o Wikipedia:Proxectos pedagóxicos. É unha páxina con contidos para tentar introducir o uso da Galipedia nos centros de ensino. Isto naceu a raíz dun obradoiro que demos en Coristanco e que espero que este ano comecen a traballar no seu proxecto. Se vos interesa facer vós tamén un proxecto fala comigo e miramos o que se pode facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2016 ás 12:02 (UTC)[responder]