Conversa usuario:Mauna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Mauna!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 18:39, 8 de xuño de 2012 (UTC)

Non hai de que desculparse. E non esquezas asinar nas páxinas de conversa.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:14, 8 de xuño de 2012 (UTC)

hinduísmo[editar a fonte]

Ola, Mauna; revertín as túas últimas edicións nas que incluíches a categoría "Hinduísmo" nos artigos de varias persoas, pois ao estar xa na categoría "Personalidades do hinduísmo", é redundante incluír a categoría matriz. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:21, 9 de xuño de 2012 (UTC)

Pois ben mirado tes razón... ;) Un saúdo! --Mauna 13:25, 9 de xuño de 2012 (UTC)

Ligazóns internas[editar a fonte]

Ola, Mauna.

Abonda con meterlle ligazón interna a cada concepto unha vez, non fai falla facelo cada vez que sae no artigo. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.

Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 17:15, 14 de xuño de 2012 (UTC)

*nomeadamente[editar a fonte]

Iso é porque *nomeadamente non é galego [1], é portugués [2]. Mellor "especialmente", "principalmente", "particularmente", "en particular"... "especificamente" etc.

De todas maneiras, o revisor ortográfico só é unha axuda, unicamente fai suxestións. Pode ignorarse. De feito vai marcar palabras correctas (nos títulos orixinais de obras, nas citas etc).--. HombreDHojalata.conversa 19:30, 14 de xuño de 2012 (UTC)

hindú/cristián[editar a fonte]

Non é o mesmo caso, cristián sempre vai ser relativo ao cristianismo, porén, hindú pode ser relativo a procedente ou relativo á India, igual que chinés pode ser relativo ou procedente da China. --. HombreDHojalata.conversa 12:28, 19 de xuño de 2012 (UTC)

O dicionario da RAG [3] di, hindú: adx. 1. Da India ou dos seus habitantes. A sociedade hindú divídese en castas. s. 2. Persoa natural ou habitante da India. O filme conta unha historia de amor entre un hindú e unha muller musulmá. ◆ sin. indio 1 .
Logo, perfectamente poderíamos construír: O escritor cristián hindú Fulanito escribiu tal cousa. Non? . HombreDHojalata.conversa 13:32, 19 de xuño de 2012 (UTC)
Terás que trasladar a cuestión á RAG [4]. --. HombreDHojalata.conversa 13:44, 19 de xuño de 2012 (UTC)

RE: Mensaxe de benvida[editar a fonte]

Basicamente, é un tema de respecto cara á persoa que deixou a mensaxe orixinalmente. Non se poden eliminar as mensaxes deixadas por outros usuarios nas páxinas de conversa, a menos que haxa un motivo xustificado para facelo (vandalismo). Neste caso, o que ti queres eliminar é unha caixa de benvida ({{Benvida}}) que contén as ligazóns ás páxinas básicas de axuda. É unha mensaxe que se lles deixa a todos os usuarios novos. Podes ver que a min tamén ma puxeron aló polo 2007 cando cheguei novo aquí. Non creo que sexa tanto problema deixar a caixa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 29 de novembro de 2012 ás 19:32 (UTC)[responder]

Conversas[editar a fonte]

Boas Mauna, restaurei a conversa de Nirvana porque non se poden borrar os comentarios, aínda que sexan os teus propios, para que quede reflectido nas páxinas. Se o problema xa está resolto podes poñer outro comentario aclarando a situación e dicindo que xa se amañou, ou algo polo estilo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 12:49 (UTC)[responder]